top of page

O BNG de Lalín demanda á Xunta que dote ao centro de saúde de atención de Pediatría polas tardes

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín considera "unha total falla de vergoña e responsabilidade por parte do PP, que o centro de saúde siga sen servizo de pediatría polas tardes cando foi o propio señor Crespo o que fai xusto un ano nos anunciaba a bombo e platillo en campaña electoral que esta praza do servizo de Pediatría pola tarde se cubriría xa o verán pasado de 2023". Por iso, demandará de novo a través dunha moción que se dote a Lalín do servizo de Pediatría polas tardes.

"A data de hoxe sabemos que a praza de pediatría convocada quedou baleira por a renuncia do titular que ía desenvolver este servizo, evidentemente polas condicións

laborais de total precariedade nas que a Xunta de Galiza ten sumidos aos profesionais

sanitarios, sen preocupárense en absoluto de que o resultado destas políticas de recorte

sempre cae enriba dos doentes, últimos afectados, xogando coa saúde de veciños e

veciñas, neste caso dos máis novos", sinala o Bloque.


O Centro de Saúde de Lalín, engade, "vén sendo noticia desde hai anos, entre moitas outras carencias, pola inexistencia do servizo de Pediatría polas tardes. A realidade é que na actualidade conta con tres pediatras en xornada de mañá, das cales unha delas

desprázase dous días á semana a Rodeiro un par de horas e outro día Agolada tres horas o que conleva que o sevizo quede aínda máis minguado, e sen cubrir ás profesionais en caso de vacacións ou baixas laborais o que agrava aínda moito máis a situación".


Publicidade

"A carga de traballo que teñen é altísima debido ao elevado número de pacientes que

atenden diariamente e a complexidade de ditas consultas tanto no relativo a tempo de

atención necesario como a todo o abano médico de atención que require xa que estas

profesionais realizan diagnósticos e tratamentos das patoloxías propias destas idades, ademais coordinan actividades de promoción e prevención que permiten realizar unha asistencia médica integral, e se é necesario brindan atención continúa cando se atopa algunha anormalidade no desenrolo. Non podemos esquecer tampouco que as

actividades de promoción e prevención inclúen: vacinación, atención á familia e controis de crecemento e desenrolo", recalca o BNG.


Publicidade

Desde o BNG sinalan ademais que ·é algo que vimos demandando desde hai anos, e que como é evidente a Xunta de Galiza nega ao noso concello, unha solicitude dunha atención que se fai moi necesaria para moitísimas nais e pais que ven como polo tarde e noite só lles queda a posibilidade de acudir ao CHUS ou de ir á privada quen ten capacidade económica de facelo. A situación que vive a xente do noso concello e comarca neste senso é inasumible e irresponsable por parte do goberno da Xunta, que olla cara outro lado sen dar solucións a un problema que ten como vítimas aos veciños e veciñas e a súa saúde, cunha falla total de empatía de quen nos goberna e esquecendo poñer aos doentes no centro, nin sendo estes crianzas".


Polo exposto, o Bloque Nacionalista Galego de Lalín propón ao Pleno da Corporación

Municipal a adopción do seguinte acordo: Solicitar á Xunta de Galiza dotar ao Centro de Saúde de Lalín de atención de Pediatría polas tardes sen recortar o servizo de mañá.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page