top of page

O BNG de Lalín defende a importancia das eleccións do 29N para acadar a gratuidade total da AP53

hace 12 minutos
2 min de lectura

Mari Fernández afirma que só o voto ao BNG no Congreso e o Senado garante a defensa dos intereses dos e das lalinenses


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín reclama para as veciñas e veciños a “gratuidade total” da AP53 na vindeira lexislatura no Estado. "Foi o BNG quen con só un deputado e unha senadora acadou bonificacións históricas nesta autoestrada que desde abril de 2025 están aliviando dun xeito moi importante os petos das e dos lalinenses e do conxunto dos galegos e galegas. Por iso, e diante das eleccións do vindeiro 29 de novembro ás Cortes Xerais do Estado o BNG de Lalín considera fundamental que pensemos en quen garante que as demandas de Lalín cheguen onde teñen que chegar e se poñan en marcha para mellorar a vida da veciñanza".

Nun momento, apunta, "como o actual de crise de vivenda, afogamento das familias polo aumento de prezos, incremento dos recibos da luz e dos combustíbeis... é fundamental

que os políticos sexamos de verdade útiles para a xente, e o BNG ten demostrado en

Lalín, en Santiago e en Madrid que é a única forza que se preocupou de poñer por

diante demandas tan importantes como a levada a cabo e acadada nas bonificacións da

AP53". Agora, destaca a voceira nacionalista Mari Fernández Sanmartín, "podemos dar

un paso máis exixindo a gratuidade total dunha vía de comunicación que é básica para a

veciñanza de Lalín, que nos leva ao hospital, á universidade...".

 PUBLICIDADE

Cando nesta campaña electoral se está a falar de “voto útil”, sinala Fernández Sanmartín, “diso é do que fala o BNG do voto ao nacionalismo galego que é o único útil para defender os nosos intereses tamén en Madrid”. Na vindeira lexislatura “é o momento de acadar a gratuidade total da A P53, e o BNG ten demostrado que cunha presenza forte no Congreso e o Senado sabe e pode facelo”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Por último, destaca que "desde que entraron en vigor en abril de 2025 as bonificacións “históricas” de até o 75% das peaxes desta vía, as e os usuarios recorrentes desta vía aforraron en só un ano 3.800 euros en peaxes". O BNG de Lalín sostén que estas rebaixas son un paso intermedio e segue a reclamar no Congreso e no Senado a transferencia da autoestrada a Galicia, o rescate da concesión e a supresión definitiva de todas as peaxes para convertela nunha vía libre de pagamento.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page