top of page

O BNG de Lalín considera "insostible e alarmante os vertidos de escuma aos ríos da bacía do Deza"

Promoverá un acordo entre todas as forzas municipais para que se elabore unha estratexia da auga que asente os criterios de xestión deste recurso nos próximos anos neste concello


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín considera "insostible e alarmante os vertidos de escuma aos ríos da bacía do Deza. Hai unha deixadez impropia dunha administración en por solución a tan reitereados verquidos".O partido nacionalista promoverá un acordo entre todas as forzas municipais para que se elabore unha estratexia da auga que asente os criterios de xestión deste recurso nos próximos anos neste concello.


E en concreto aborda algúns dos puntos que se deberá tratar:

  1. Aboga por unha modernización integral das EDAR e da rede de abastecemento de augas.

  2. "Consideramos máis que necesario facer plans de novas captacións de auga, acometer unha profunda intervención na posta en marcha de medidas correctivas, mellorando o funcionamento e dimensionado das EDAR (propiamente a do Pontiñas e a de Botos)".

  3. Así como das instalacións existentes de captación e potabilización, dos depósitos cos que conta Lalín, e de toda a súa rede de distribución de augas dende os seus puntos de captación ata os puntos finais de consumo facer unha nova captación sen modernizar as existentes non soluciona o problema, pero abordar a mellora integral do que hai si. "Non se poden facer captacións e depósitos e bombeos ata o infinito, coma se fose un recurso inesgotable".

"Dende o BNG valoramos que ante a situación de seca extrema que padecemos, algo que non nos pilla de sorpresa, non cabe actuar de modo improvisado e precísase unha planificación a medio e longo prazo".


Así considera que resulta preciso facer unha xestión asentada nos criterios dunha nova cultura da auga:

  • Sobre a optimización e modernización das instalacións existentes, tanto nas de abastecemento coma nas de saneamento.

  • O seu control de mantemento e boa conservación para evitar pérdidas que poidan supoñer a pérdida de miles de litros de auga.

  • Inculcar unha cultura de aforro e de eficiencia no uso deste recurso.

  • Efectuar un control estricto dos consumos e identificar os puntos de consumo público que poden racionalizarse e mellorarse.

  • E combater con tolerancia cero a permisibilidade que existe aínda na contaminación dos nosos ríos e acuíferos.

Ademais, recalca que as EDAR de Botos e do Pontiñas precisan dunha importante inversión: "Estas dúas estacións de depuración atópanse no punto de mira do seu óptimo

funcionamento, sendo posibles puntos dende os que se producen verteduras

contaminantes directas que poden estar detrás das reiteradas correntes de escuma que

discorren río abaixo. A administración, Concello e Augas de Galiza, deben dunha vez por

todas tomar unha decisión ao respecto. O que sucede agora é totalmente inadmisible. Fai

meses anunciouse un tanque de tormentas por riba da EDAR do Pontiñas, para tratar de

paliar posibles vertidos, máis o problema continua existindo ante un posible

infradimensionado das EDAR para tratar os metros cúbicos de caudal de vertidos que

recibe".

Estación de captación e bombeo:

Así mesmo, apunta a que os dous puntos de captación do Asneiro e as súas estacións de bombeo ata Lalín precisan dunha importante modernización e un investimento que dote de novos sistemas de potabilización no tratamento destas augas. "Toda a rede debe ser revisada a efectos de detectar fugas e dilapidar o consumo de auga".


Contaminación difusa por xurros:

"A proliferación no número de granxas nos últimos anos experimentou un crecemento

enorme na comarca, moitas delas en puntos altos e cabeceiras de manantiais e regatos.

Isto ten coma consecuencia un incremento na contaminación difusa por xurros moi

elevado e que condiciona moito a calidade augas abaixo. Este problema debe poñérselle

solución e precisase un maior control co que evitar vertidos e malas prácticas", sinala.


Plan para o rural:

Do mesmo modo, incide en que "preciso que nas poboacións do rural se aborde un plan de reservas de auga, con inventario, da súa conservación e calidade, e incorporando todas as melloras necesarias que garantan unha boa dispoñibilidade de auga en calidade e cantidade precisa".


Facer un uso racional

E por último, recalca que "é necesario fomentar unha cultura municipal no aforro e eficiencia deste recurso, á vez de ter unha capacidade previsora e de anticipación as secas".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page