top of page

O BNG de Lalín califica "de escándalo" o proceso selectivo da segunda sondaxe de peóns

Vilariño anuncia que levará o tema ao vindeiro pleno para pedir responsabilidades


Ecos da Comarca/Lalín

A principios de abril, o voceiro nacionalista de Lalín, Paco Vilariño, denunciaba "falta de transparencia na realización da proba práctica, indicios de arbitrariedade e carencia de motivación no criterio aplicado polo tribunal cualificador na selección de peóns forestais no marco da contratación de traballadores municipais ao abeiro do Plan Máis Provincia".

O BNG non entendía "como o tribunal, en primeiro lugar, aprobaba a un único aspirante dos 23 presentados e, de seguido, optaba por solicitar unha segunda sondaxe, en vez de

rebaixar a nota de corte, conforme ao previsto polas propias bases reguladoras do proceso selectivo, e adoptaba tal acordo sen motivación algunha". Agora volve denunciar outro proceso selectivo,

Solicitada, apunta, "esa segunda sondaxe ante a oficina de emprego e realizada a proba práctica a estes novos aspirantes, a actitude do tribunal cualificador resulta aínda máis sorprendente ca súa actuación no mes de marzo. Esta vez, presentáronse 12 aspirantes e o tribunal aprobou a todos eles agás un; outorgando unhas puntuacións moi superiores ás concedidas no primeiro proceso selectivo. Ao igual que ocorreu no mes marzo, nas actas da realización das probas, aparece a cualificación total outorgada a cada aspirante sen detallar a máis mínima motivación de por que se concede tal puntuación; pese a que o propio tribunal, na súa sesión constitutiva, acordara establecer os criterios para a valoración das probas prácticas, atendendo a un detallado baremo que se dividía en destreza (máximo 15 puntos), resultado (10 puntos) e axilidade (5 puntos)".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Unha vez máis, sinala o BNG, "as probas prácticas realizáronse sen unha mínima transparencia e, de novo, non foron gravadas en vídeo, polo que non quedou constancia de cada exercicio nin das habilidades realmente demostradas por cada un dos aspirantes, pese a que as propias bases advertían “ás persoas participantes neste proceso selectivo de que cabe a posibilidade de gravar cada proba práctica”".


O voceiro nacionalista, Paco Vilariño, lembra que, cando el era concelleiro responsable da brigada de obras, “instaurou que este tipo de exercicios prácticos sempre quedaran gravados, para dotar ao proceso selectivo das máximas garantías e, en máis dunha ocasión, foi preciso recuperar as gravacións correspondentes para resolver algunha

reclamación á puntuación outorgada”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Visto o acontecido na realización das probas prácticas e nas puntuacións outorgadas, tanto no primeiro proceso selectivo coma no segundo, o BNG pon de manifesto "falta de

 transparencia e carencia de motivación na actuación do tribunal, denuncia indicios de

arbitrariedade no proceso selectivo e reitérase en que pedirá explicacións ante o Pleno municipal por todas as irregularidades advertidas neste proceso selectivo".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page