top of page

O BNG de Lalín “alerta” diante dos permisos da Xunta sobre explotacións mineiras caducadas na zona

22 oct
2 min de lectura

Mari Fernández pide ao goberno local que procure “información e participación” do Concello


Ecos da Comarca/Lalín

O BNG de Lalín amosa a súa preocupación diante da recente publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da orde de 7 de outubro de 2026 pola que a Xunta de Galicia “declara francos os terreos e convoca concursos públicos para o outorgamento de permisos de investigación relativos aos dereitos mineiros caducados”. O concello de Lalín ten parte en seis deses dereitos mineiros caducados, xunto ao municipio veciño de Vila de Cruces. Coa posta en marcha desta iniciativa por parte da Xunta de Galicia, a voceira municipal, Mari Fernández Sanmartín, advirte da necesidade de “estar alerta diante do que podería supoñer a apertura de explotacións minerais no noso municipio”.

Foto de arquivo dunha explotación mineira.
Foto de arquivo dunha explotación mineira.

Segundo publicou o DOG en Lalín e Vila de Cruces os permisos de investigación autorizados afectan a un total de 6 instalacións que superan as 160 hectáreas e que

corresponden cos dereitos mineiros caducados de “Pontevedra”, “Demasía Pontevedra”,

“María Luísa”, “Malaya”, “Oberón” e “San Gonzalo”. Diante da posibilidade de que estas explotacións volvan á actividade en Lalín, Fernández Sanmartín demanda do goberno local do PP “que se informe e participe, e que nos faga partícipes a toda a corporación local dos resultados destes permisos e o futuro destes dereitos mineiros no noso concello”.


Lembra o BNG de Lalín que as actividades da minaría extractiva “non son precisamente inocuas para o territorio”, por iso demanda a edil que o o goberno local “se interese no proceso e participe nestas tramitacións que poderían rematar coa renovación de dereitos mineiros até agora caducados en Lalín”. Desde o BNG lalinense “consideramos que a posibilidade de novas explotacións mineiras no noso territorio merecen interese, participación activa e defensa do territorio por parte do goberno do PP de Crespo, e non como todo o que vén da Xunta poñerse de perfil e dicir amén”.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A nacionalista advirte de que logo de coñecer os traballos de investigación que tramita a Xunta para estas zonas do concello lalinense “estaremos alerta para que todo o que resulte dos permisos de investigación se axuste aos intereses das veciñas e veciños de

Lalín, e non supoña risco algún para as persoas, o territorio nin o medio ambiente” do

noso concello.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Advirte a concelleira que “no BNG temos claro por experiencia que á Xunta de Galicia non lle doen prendas en abrir as portas a proxectos espoliadores no noso país”, por iso advirte Fernández Sanmartín que “estaremos vixiantes e exiximos que tamén o goberno local tome parte activa nesta tramitación como garante dos dereitos das veciñas e veciños de Lalín”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page