O BNG de Lalín solicita ao goberno local a reapertura do parque canino debido a súa alta demanda social
- ecosdacomarca
- hace 1 día
- 4 Min. de lectura
Vilariño valora o peche como "un acto de delpilfarro, irresponsabilidade e que só responde a unha cacicada"
Ecos da Comarca/Lalín
Desde o BNG de Lalín reiteran a súa total repulsa á decisión que adoptara o Goberno municipal de pechar, no ano 2023, o parque canino situado detrás da estación de autobuses. Desde a organización nacionalista apuntan que foron moitos e moitas os usuarios que se dirixiron a eles desde aquelas para amosar a súa sorpresa e malestar por
esta situación.
O BNG xa censuraran ao PP por mal gastar 20.738 euros en construír un novo parque canino para inutilizar o xa existente, unha infraestrutura que en palabras do seu voceiro municipal, Paco Vilariño, “demostrouse moi necesaria cando a fixemos no cuatripartito e que estaba plenamente consolidada e aceptada”. Desde o BNG destacan que o novo parque canino costou case o dobre que o anterior a pesar de que o seu tamaño redúcese en 200 metros cadrados. “O alcalde dixo que o que había, de 1.000 metros cadrados, non chegaba e agora temos un máis pequeno e en peores condicións”. "É evidente que fan o ridículo e se mofan da xente, e por iso, procederon ao peche do mesmo a escondidas, porque saben que a maioría da cidadanía non está de acordo “.
O BNG Lalín recolle e súmase ás demandas e preocupación que lle fai chegar moita veciñanza de Lalín, propietarios de mascotas e ususarios habituais do parque canino, que leva pechado anos sen comunicación de causa a día de hoxe. "Cando aínda resoan os ecos dos informes anuais de institucións e voces autorizadas na materia, que nos falan de que o incremento de abandono animal no noso País é alarmante, xa que desde 2017 medra ao ritmo do 42%, atopámonos que non só non se fai chegar á cidadanía sequera xa non un mínimo proxecto de xestión do abandono animal, senón mesmo de divulgación sobre prevención".
Un parque canino, apunta o Bloque, "supón una mellora na vida non só dos cans de compañía dos lalineses que viven no casco urbano, senón na propias condicións dos animais, que así podían disfrutar dunha zona verde específica, sen molestar por ir sen correa nin ter que invadir zonas privadas ou adicadas a disfrute humano. Esta mellora nas condicións da vida dos animais é una medida moi importante na prevención do abandono, relacionada co comportamento dos animais, terceira das causas de abandono de cans das recoñecidas nos informes da Fundación Affinity".

Ademais de preguntarse desde a organización nacionalista porque segue pechado o parque canino e cal é o futuro do mesmo e ademais de cales van ser as medidas que vai tomar este goberno, tanto en materia de divulgación a favor da tenza responsable e contra o abandono, coma en posibles axudas aos propietarios de mascotas , así como en apoios á adopción dos cans abandoados no municipio e que son ingresados en CAAN, a canceira provincial coa que o Concello ten convenio de colaboración, que parece tristemente e improductivamente limitado a una simple recollida sen máis. "En definitiva, que medidas de cumprimento da lexislación actual se van levar a cabo por parte do goberno municipal nestas materias, na que non son alleas as imposicións europeas, e que son responsabilidade directa dos Concellos".
"A veciñanza propietaria dos cans no casco urbano de Lalín merecen saber, así como tamén son merecedores dunha maior consideración, e non só de carteis que lles recorden o que a amplísima maioría xa fai, como é recoller as deposicións dos seus cans. Por outra parte, medidas a favor do benestar animal non só axudan aos propietarios e á cidadanía en xeral, senón que se poderían convertir nun reclamo turístico importante, nun momento no que o turismo Petfriendly está en auxe, e máxime tendo en conta o Camiño. As mascotas teñen un lugar importante na nosa sociedade lalinense xa non só a nivel emocional e de convivencia, como demostra o feito de que se incrementa o número de veterinarias de atención a mascotas en Lalín nos últimos anos. Unha boa convivencia con
animais constitúe un síntoma positivo de saúde social, e tamén pode contribuir no motor do
desenvolvemento económico da comarca, se temos en conta tanto o turismo coma o comercio local".
Publicidade
Para o BNG que o goberno pechara este parque "é o resultado dunha polémica artificial creada polo PP no mandato do cuatripartito, proba evidente disto é a inexistencia de queixas rexistradas nos catro anos de funcionamento do mesmo". Vilariño lembra que a 4 meses das eleccións municipais de 2019, "un pequeno grupo de veciños, encabezados por persoas que despois foron na lista do PP, manifestábanse contra a infraestrutura, argumentando problemas de cheiros, depreciación do valor das propiedades, e ruídos de cans, recibindo o inmediato apoio de Crespo, que prometía eliminalo en caso de volver ao poder".
Sinala o voceiro nacionalista, “Crespo despilfarrou case 21.000 euros en facer un novo parque nunha peor ubicación e cunhas condicións moito peores, nunha acción totalmente caciquil que só pretende devolver o favor a catro simpatizantes, situación que para nada é incompatible á hora de poder ter estas dúas infraestructoras á disposición da veciñanza, o que acontence na actualidade é a todas luces un auténtico despropósito", afirma Vilariño. Nesta liña demanda que “diante do crecente número de mascotas e a sensibilización co
benestar animal da sociedade lalinense, que poña fin a esta cacicada e que o volva abrir para así que poidan desfrutar desta infraestutura os seus usuarios e non se despilfarren os cartos públicos”.
Comentarios