De novo... sen pediatra en Melide
- ecosdacomarca
- hace 13 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Pais e nais de Melide lamentan que meses despois, volvan estar sen pediatra no centro de saúde deste municipio.

"Por se alguén aínda non se enterou, no centro médico de Melide estamos sen pediatra ata novo aviso. Polo de agora o tempo previsto é un mes. Non podemos permitir que nos deixen sen pediatra tanto tempo, facendo que nos despracemos a Arzúa (que tamén esta saturado) e cando non esta a pediatra en Arzúa, porque está en Boimorto, ternos que desprazar ao Pino", sinala unha das nais afectadas.
Publicidade
Por iso, pide que se fagan as reclamacións oportunas, para que os escoiten e cubran canto antes esta praza.
Comments