top of page

A ruta ciclista europea Eurovelo pasará polos concellos de Arzúa, Touro e O Pino

A falta de un mes para a data prevista de celebración, o 15 de xuño, estanse a completar as 2.000 prazas previstas



Laura Moure/C. de Arzúa

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou na presentación da primeira Marcha Eurovelo Compostela. A competición está organizada por sete clubs e asociacións de ciclismo da contorna de Santiago: BTT Ultreia, Club Ciclista Compostelano, OliveiraBike, Clube Ciclista San Lázaro, Club Ciclista Botafumeiro, Noitebra F.C. e Os Escaravellos Clube Ciclista. A marcha toma o seu nome da iniciativa Eurovelo, unha rede transfronteiriza de dezasete rutas ciclistas que atravesan 42 países de Europa e que teñen un percorrido total de 90.000 quilómetros, dúas das cales rematan en Galicia.

Xosé Merelles subliñou a achega do proxecto Eurovelo, “que potencia a sostibilidade, diferenciando e identificando un tipo de turismo slow dirixido tanto a cicloturistas como aos habitantes locais que fan estes traxectos a diario”. O director da Axencia referiuse á iniciativa como “unha aposta institucional polas viaxes sustentables; polo impulso económico, ambiental e social dos territorios polos que transcorre, e pola promoción dun medio de transporte que fomenta hábitos de vida saudables”.


Sobre os tramos que Eurovelo ten en Galicia, Merelles lembrou como desde o departamento que dirixe estase a traballar na sinalización dos 560 quilómetros da rede no territorio galego, nunha actuación a punto de culminar á que se destinaron máis de 1,37M€ , financiados con fondos NextGeneration, a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, puxo en valor o turismo deportivo no total do mercado nacional, cun gasto medio que ascende a 124,6 euros por persoa e día, cifra que duplica á media do turista nacional.


A marcha Eurovelo Compostela prevé percorrer 82 quilómetros polos concellos de Santiago, Boqueixón, Touro, Arzúa e O Pino, -algúns dos cales forman parte da ruta 3 da Eurovelo no seu percorrido por Galicia- e ten un desnivel acumulado de 1.375 metros. A falta de un mes para a data prevista de celebración -o 15 de xuño-, “estanse a completar as 2.000 prazas previstas”, como destacou o director de Turismo de Galicia.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page