Ecos da Comarca/Lalín
O partido nacionalista de Lalín dá a coñecer as súas 11 propostas feitas na mesa de seguimento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Son as seguintes:
1. "Traballadoras con xornadas de menos de 25 horas, incluso de 20 e con xornada partida de mañá e tarde, solícitamos que se aumenten as xornadas destas traballadoras e que se fagan seguidas como di o convenio e que se completen xornadas que non superen o máximo de 2 horas ao mediodía".
2. "Fan longos percorridos e non se paga nen o primeiro da mañá nen o do mediodía nen o primeiro da tarde nen o último da tarde, e xusto eses domicilios son bastantes lonxe, tendo así que pagar do seu bolsillo ese quilometraxe. Os desprazamentos seguen a pagalos a 0,21, cando debería estar a 0,22. Solicitamos un punto de partida de referente dos deprazamentos ou unha zonificación".
Publicidade
3. "A bolsa de horas estase facendo anualmente cando no convenio pon claramente que é trimestral polo tanto solicitamos que se regularice esta situación".
4. "Non se aporta unha clara lectura das horas nin mensuais nin trimestrais que fan: solicitamos unha clara lectura das horas que se fan".
5. "Os horarios de atención aos usuarios son moi específicos xa que desde o concello se lle dá a elexir o horario sen ter en conta os horarios das auxiliares: solicitamos que o servizo se adecúe aos horarios libres das auxiliares para que poidan completarse xornadas e poder así atender a un maior número de usuarios".
Publicidade
6. "As horas de dependencia están tardando demasiado en concederse aos usuarios o que é un problema evidente para os mesmos e que inflúe ás auxiliares xa que nos casos en que os usuarios falecen ás auxiliares que lle falta ese servizo solicítaselle que cubran substitucións sen ter así un horario fixo, e facendo igualmente moitos quilómetros que en moitos casos non se pagan: solicitamos que se reduza o tempo de concesión do servizo aos usuarios".
7. "Solicitamos que as traballadoras, a través do comité de empresa, participen nos pregos da nova licitación para que non se volvan dar este tipo de situacións de incumprimento do convenio, así como a incorporación de melloras".
8. "As tarefas dos usuarios son moi extensas, sendo pouco explícitas e abusivas: solicitamos que se especifique nos PIA (programa individual de atención) dos usuarios que este servizo é de axuda a domicilio, onde se ten en conta atención ao usuario, a limpeza das súas zonas de uso e non se pode confundir con un servizo de limpeza xeral".
Publicidade
9. "Incumprimento das medidas de prevención e axudas técnicas inexistentes sobrecargando ás auxiliares en moitos casos polo que solicitamos que se arranxe esta situación".
10. "Non existe unha supervisión real e presencial dos servizos que se prestan e das condicións en que se realizan: solicitamos que se faga un seguimento dos mesmos".
11. "Falta de EPIS xa que non se lles proporciona a roupa de abrigo e o calzado etc…apropiado para as súas tarefas".
Comments