top of page

O BNG de Dozón reclama investimentos para o sector primario ante o abandono das infraestruturas rurais

Ecos da Comarca/Dozón

O BNG de Dozón reclama investimentos para o sector primario fronte ao abandono das infraestruturas rurais. Os nacionalistas consideran que o rural non pode vivir só do escaparate do Xacobeo "mentres os núcleos rurais están claramente descoidados, con especial énfase nas pistas, nun estado lamentable sen que o concello se preocupe destas

eivas e dos efectos que teñen na vida da veciñanza e dos titulares das explotacións

afectadas".

Dende a formación nacionalista expresan a preocupación ante a política de investimentos que a Xunta de Galicia está a desenvolver no concello de Dozón, priorizando unha vez máis actuacións ligadas ao turismo e ao Xacobeo mentres continúan sen resolverse necesidades básicas que afectan directamente á vida diaria da veciñanza e ao futuro do rural.


O anuncio de máis de 1,5 millóns de euros para a rehabilitación da antiga reitoral de San Salvador do Castro como albergue de peregrinos, contrasta coa realidade que sofren moitos veciños e veciñas do municipio: "estradas locais deterioradas, vías de servizo da autovía intransitables, camiños veciñais en mal estado e accesos fundamentais para a actividade agraria e gandeira convertidos en auténticos lodazais que en moitos casos os obrigan aos usuarios a arranxalos puntualmente para que os vehículos particulares, tractores e camións relacionados coa actividade agrícola e gandeira poidan pasar por eles".

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

“Defendemos un modelo de investimento público que poña no centro ás persoas que viven e traballan no rural os 365 días do ano. As administracións deben priorizar infraestruturas e proxectos que garantan a mobilidade, a seguridade e a competitividade

das explotacións agrarias e gandeiras, así como a calidade de vida da veciñanza” sinalan dende o BNG criticando ademais "a falla de investimento do concello no rural que se volveu perpetua neste mandato, cun rexedor local ausente en canto a políticas e medidas

que palíen as eivas e resolvan as necesidades dos veciños". “Non se pode falar de fixar poboación nin de futuro para o rural mentres moitas familias seguen sufrindo dificultades

para desprazarse, transportar producións agrícolas e gandeiras ou acceder a servizos

básicos en condicións dignas. As infraestruturas locais son esenciais para a economía e a

cohesión territorial, e deben ser unha prioridade política” aclara o concelleiro nacionalista

Miguel Docasar.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Consideran necesario equilibrar os investimentos destinados ao turismo co apoio real ao tecido produtivo e social dos concellos rurais. "O Camiño de Santiago pode ser unha oportunidade, pero nunca pode converterse nunha escusa para esquecer as necesidades de quen sostén vivo o territorio". Por iso, reclaman á Xunta de Galicia e ás administracións competentes un compromiso firme co rural, apostando por actuacións que melloren as infraestruturas agrarias, os accesos ás explotacións, os servizos públicos e as condicións de vida da veciñanza. “O futuro de Dozón e do interior de Galicia non pode construírse só para quen pasa, senón pensando en quen permanece” conclúen.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page