O BNG de Dozón preguntará no vindeiro pleno polo proxecto de construción dun albergue de peregrinos
- ecosdacomarca
- hace 37 minutos
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
Miguel Ángel Docasar Areán, concelleiro municipal do Bloque Nacionalista Galego en
Dozón, ao abeiro da lexislación vixente, preguntará no vindeiros pleno, que se celebrará o 27 de outubro, varias cuestións sobre o proxecto de construción dun albergue de peregrinos no municipio.

Sinala que segundo a información publicada recentemente por diferentes medios de comunicación, o director de Turismo de Galiza, Xosé Merelles, reuniuse co alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez , e co xerente de Turismo de Galiza, Antonio Casas, para informarlle do proxecto do futuro albergue de peregrinos de Dozón. "Un proxecto que prevé instalar un albergue na antiga casa reitoral da igrexa de San Salvador do Castro , situada no lugar do Castro. O edificio, actualmente en desuso e en estado de conservación deficiente, sería obxecto dunha rehabilitación integral para destinalo ao aloxamento de peregrinos da Vía da Prata (ruta mozárabe) co obxectivo de que entre en funcionamento para o Xacobeo de 2027".
A Xunta de Galiza, a través de Turismo de Galicia, apunta o Bloque, "anunciou a intención de licitar as obras no primeiro semestre deste ano e executalas ao longo de 2026, co obxectivo de telos rematados antes do Xacobeo 2027. Pasado o primeiro semestre do ano sen ter noticias do citado proxecto é polo que formulamos as seguintes preguntas":
Publicidade
"Pode o Sr. alcalde confirmarnos que existe proxecto para o albergue de peregrinos en
Dozón?"
"Recibiu o Concello algún documento oficial do proxecto?"
"Sabe o Sr. alcalde se o Xacobeo pretende adquirir a casa consistorial ou simplemente van arranxar o inmoble sen traspasar a propiedade?
"Que tipo de rehabilitación se acometerá no citado edificio e a canto ascende o orzamento?"
Publicidade
"Sabe quen vai ser o encargado de xestionar o albergue unha vez posto en funcionamento?
"Algún ente público ou a propia Igrexa?"
Comentarios