O BNG de Dozón esixe unha investigación exhaustiva tras un atropelo o domingo na festa da Gouxa
Ecos da Comarca/Dozón
O concelleiro do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Dozón, Miguel Ángel Docasar, quere manifestar publicamente a súa profunda preocupación polos graves feitos acontecidos na recente celebración da Festa da Carne ao Caldeiro e da bola de torresmos celebrada o pasado domingo na Gouxa. "No transcurso deste evento lúdico municipal,
rexistráronse incidentes que culminaron no atropelo dun veciño do concello por parte dun
cabalo", desvela o nacionalista.

O representante nacionalista lamenta profundamente o sucedido e traslada o seu total apoio e solidariedade á persoa afectada, facendo extensivo o afecto á súa familia e a todas as persoas presentes que foron testemuñas directas da situación.
Ante a gravidade do suceso, Docasar, considera “imprescindible esclarecer os feitos, tratando o asunto conforme á normativa vixente en Galiza, que reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas” e esixe desde a formación nacionalista
unha “investigación exhaustiva, transparente e rigorosa que permita coñecer con total claridade as circunstancias que rodearon o incidente”.
PUBLICIDADE
Aspectos clave da investigación solicitada, que indica que se deben seguir:
Comprobar se se cumpriron escrupulosamente os protocolos de seguridade, delimitación de espazos e control animal requiridos para este tipo de eventos, conforme á lexislación vixente.
Esclarecer os motivos polos que non se activaron os recursos de emerxencia e Protección Civil de maneira inmediata ante a situación producida.
Determinar as posibles responsabilidades derivadas da organización e desenvolvemento da actividade.
Avaliar a necesidade de reforzar as medidas de prevención e seguridade en futuras
edicións da festa para evitar que se repitan feitos semellantes. "A cidadanía merece saber exactamente que aconteceu e se se cumpriron todas as medidas de seguridade esixibles. A transparencia e a asunción de responsabilidades son fundamentais para garantir que unha situación tan grave non volva repetirse", conclúe Miguel Docasar.
PUBLICIDADE
O BNG de Dozón continuará atento á evolución deste asunto e reclamará toda a información necesaria para garantir o esclarecemento dos feitos e a protección da veciñanza en futuros eventos públicos.









Comentarios