top of page

O BNG de Deza-Tabeirós lanza unha campaña de apoio ao comercio local

14 dic 2024
2 min de lectura

O obxectivo é "animar a comprar produto feito aquí e vendido no comercio local todo o ano, pero especialmente nestas datas de gran consumo do Nadal"


Ecos da Comarca/Deza

O BNG lanza unha campaña de apoio ao comercio local baixo o lema “ Mellor local, Mellor Galego. No comercio local hai de todo!” consistente en cartaces e o reparto dun folleto explicativo coa nosa posición e co obxectivo de animar a comprar produto feito aquí e vendido no comercio local todo o ano, pero especialmente nestas datas de gran consumo do Nadal. 


As estatísticas indican que ano tras ano pechan  comercios locais na nosa comarca. A deputada nacionalista e concelleira en Lalín, Ariadna Fernández,  explicou “Todos somos conscientes do efecto tremendo  que provoca ver unha rúa coas persianas baixadas e os  locais baleiros e, tamén sabemos, o positivo que resulta tanto no económico como no social  un comercio local vivo e dinámico”.

Apoiar o comercio local e as producións locais, asegura a deputada “ é fundamental para xerar riqueza, revitalizar as nosas vilas, combater o despoboamento dos concellos e loitar contra o cambio climático, reducindo as emisións do CO2 que provoca o transporte de mercancías daquilo que podemos producir aquí. Modificar hábitos de consumo e dar visibilidade a alta calidade dos produtos galegos é apostar pola saúde da poboación”. 


"Na Galiza contamos cunha terra e un mar excepcionais e cun potencial inmenso que nos permite producir alimentos de calidade excepcional". Con todo, asegura a deputada nacionalista “o goberno do PP na Xunta de Galiza escolle ignorar o sector primario, a industria de transformación e o comercio de proximidade”. O PP promove un modelo de consumo "enfocado a favorecer grandes áreas comerciais de capital estranxeiro que empobrece o noso tecido económico, prexudica a saúde da poboación e fomenta estilos de vida deshumanizados".


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"No BNG defendemos que os produtores teñen dereito a recibir o máximo beneficio pola súa actividade, convertendo aos sectores agro gandeiro e pesqueiro así como as industrias de transformación e comercialización en motores de creación de emprego e da dinamización económica, algo urxente no noso país". Por isto, o BNG aposta por incentivar a compra de produtores locais e galegos, enfrontar a instalación de grandes superficies comerciais de capital transnacional no país, a recuperación e posta en marcha de mercados municipais e tradicionais, ( feiras, etc)  a produción alternativa e ecolóxica, implantar unha marca de calidade e identificación dos produtos hortícolas e pesqueiros e garantir prezos xuntos para o leite galego ou a promoción de axudas para implantar ou mellorar establecementos que comercialicen produtos autóctonos e promover alternativas galegas de venta en liña.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page