top of page

O BNG de Deza emenda os orzamentos da Xunta para lograr un mellor trato para a comarca

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Fai un percorrido polos seis concellos e céntranse en aspectos como as parcelarias, as liñas de alta tensión, centros de día, os Pendellos de Agolada ou o Cámping de Medelo


Ecos da Comarca/Deza

O BNG da comarca de Deza presenta unha batería de emendas aos orzamentos da Xunta centrándose en distintos aspectos dos seis concellos, sen deixar nada no tinteiro.

Membros do BNG da Comarca de Deza.

Estas son as seguintes:

  • Construción do centro de medio rural en Lalín:1.500.000 euros.

  • Concentracións parcelarias en Lalín, Dozón e Agolada (incluídas nunha partida xenérica de 15 millóns)

  • Adquisición terreos colindantes das Minas das Brea ( Vila de Cruces): 300.000 euros.

  • Recuperación do Camping de Medelo (Silleda) I fase. 200.000 euros.

  • Recuperación dos Pendellos de Agolada: 200.000 euros.

  • Posta en valor do Monte San Paio (Merza, Vila de Cruces): 300.000 euros.

  • Ambulancia medicalizada no Deza (e cinco máis) con 5 millóns.

  • Atención pediátrica e atención de tarde no centro saúde en Vila de Cruces: 200.000 euros.

  • Plan de dinamización do comercio local ( partida global con 15 millóns).

  • Melloras e soterramentos de liñas alta tensión ( 5 millóns) varias actuación entre as que se inclúe soterrar a LAT no polígono de Rodeiro.

  • Plan de transferencia autonómica dos conservatorios de municipais ( dotado con 4,3 millóns de euros. ) Entre os que se atopa o conservatorio Lalín mellora da seguranza viaria, da accesibilidade e da mobilidade peonil e ciclista na rede viaria autonómica dotada con 27,5 millóns euros que entre outras inclúe as seguintes da comarca.

  1. Senda peonil na PO 204 de Manduas a Pazos.

  2. Mellora da estrada Gres-Vila de Cruces.

  3. Estudo para a mellora dos accesos ao polígono de Agolada desde a PO 840.

  4. Acceso ao polígono de Camballón en Vila de Cruces.

  • Cultura, Educación e Universidade Anexo do Plan de modernización dos Centros de Educación Infantil, Primaria e ESO de Galiza. (Fase I) dotada con 10 millóns €, que entre outras inclúe:

  1. CEIPs Silleda: patio cuberto no CEIP de Silleda e novo tellado nos CEIPs de Silleda e A Bandeira.

  • Política Social Anexo do Plan de extensión da rede galega de centros de día, dotada con 10 millóns de euros que entre outras inclúe:

  1. Construción dun centro de día no concello de Lalín.

  2. Dotación dun centro de día no Concello de Rodeiro.

  • Infraestruturas e Mobilidade Anexo de investimentos en obras de mellora de depuradoras e novas EDAR nos concellos galegos dotado con 10 millóns de euros, que entre outras inclúe

  1. EDAR de Rodeiro.

  • Infraestruturas e Mobilidade Anexo de investimentos en proxectos de mellora das redes de saneamento en concellos galegos dotada con 20 millóns de euros, que entre outras inclúe:

  1. Plan de saneamento rural nos concellos de Lalín, Silleda e Vila de Cruces.

  2. Rede separativa de pluviais en Agolada.

  • Infraestruturas e Mobilidade Anexo de investimentos en obras hidráulicas de mellora do abastecemento de auga potábel e ETAP dotada con, 10 millóns de euros, que entre outras inclúe:

  1. Captación de auga no Ulla para abastecemento a parroquias de Vila de Cruces.


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page