top of page

O BNG de Deza convida á participación masiva para celebrar o Día da Patria

Ecos da Comarca/Deza

O BNG de Deza-Tabeirós-Terra de Montes convida á participación masiva do conxunto da veciñanza destas bisbarras a celebrar o Día da Patria "con orgullo de ser galegos, máis tamén para reivindicar a construción dun futuro mellor para Galiza entre todos e todas".

Xoán Blanco recordou que o Día da Patria “é mais que unha data simbólica no calendario”, é “a expresión da vontade do pobo galego de avanzar cara a un marco político no que Galiza poida exercer plenamente os seus dereitos”, un marco, recalcou, que permita aos galegos e ás galegas decidir e “aplicar políticas propias decididas, integramente desde aquí”, xestionar os seus recursos “ao servizo das maiorías sociais” e construír un País “mellor para todas e todos”.      

No ano Castelao, e baixo un lema que homenaxea e recolle o seu legado, apuntou Ariadna Fernández, o Bloque quere reivindicar a súa figura e o seu pensamento “como Castelao, hoxe dende o BNG defendemos unha Galiza soberana, dona de si mesma, que poida decidir o seu futuro sen máis límite que a propia vontade do pobo galego”, sintetizou.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"Asistimos a un modelo imposto polo PP na Xunta que actúa como axente comercial das grandes multinacionais, entregando o País a intereses alleos”, advertiu Ariadna Fernández, quen sinalou ao espolio eólico, a ameaza da macrocelulosa de Altri ou a posible reapertura da mina de Touro-O Pino, como exemplos “dunha política ao servizo do negocio duns poucos e en contra dos intereses dos galegos e das galegas".


Por iso, explicou, o BNG reclama un novo marco político para Galiza que lle dea “capacidade real para decidir sobre os seus recursos enerxéticos, produtivos e económicos poñendo esta riqueza ao servizos do noso pobo para que revertan no benestar da nosa poboación. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

No contexto internacional, Ariadna Fernández apuntou ao Día da Patria como unha data para defender causas como a palestina. “Non podemos nin queremos calar diante do que está a acontecer na Palestina e denunciamos con firmeza o xenocidio que está a perpetrar o Estado de Israel contra o pobo palestino, coa complicidade da Unión Europea e dos Estados Unidos”, defendeu.


Neste sentido, reafirmou o carácter “pacifista, antiimperialistas e antimilitarista” do BNG nuns “tempos de regresión” onde “medran os discursos de odio, o autoritarismo e a escalada belicista”. “Por iso, o Día da Patria Galega é moito máis ca unha manifestación, é un gran exercicio de mobilización que encherá as rúas de Compostela no que conflúen todas esas loitas, a defensa da terra, dos dereitos sociais, da lingua galega, do feminismo, da diversidade, da paz e da soberanía”, resumiu. 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page