Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG de Vila de Cruces recrimina ao goberno local que non avise a todos os partidos da Corporación Municipal das visitas institucionais.
Comunicado íntegro do BNG de Vila de Cruces
Respecto Institucional coa Corporación e coa Veciñanza:
A falta de honestidade e de trato que Luis Taboada e o seu grupo demostra cara aos demais grupos da corporación aínda os desprestixia máis se cabe, e exemplifica a falta de respecto que amosan de cara á veciñanza. A Xunta de Galiza gobernada polo PP e o grupo de goberno de Vila de Cruces deben gobernar para todas e todos, polo que é fundamental que nunha visita como a deste martes 17 de agosto se informe con tempo e forma aos distintos representantes da corporación.
O martes 17 de agosto o Concello de Vila de Cruces recibía a visita da directora Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, e o delegado provincial da Xunta, Luis López, acompañados polo alcalde Luis Taboada e o portavoz do PP Jesús Otero. Visita da que casualmente o alcalde puido informar media hora antes persoalmente ao grupo do BNG, xa que se atopaba nas inmediacións da casa consistorial na súa labor de fiscalización e que coincidiron nun mesmo despacho.
O grupo do BNG estaría totalmente agradecido de poder asistir para trasladar unha serie de necesidades que demanda con urxencia a veciñanza, así como para trasladar persoalmente á directora Xeral, Sagracio Pérez, a preocupación que existe entre a veciñanza de Camanzo coa actividade que se está a realizar na canteira da antiga explotación Martín.
En setembro de 2019 o BNG presentaba unha moción na que se solicitaba respecto institucional co resto da corporación municipal, e entre o acordo aprobado en pleno, inclúese o de informar das visitas institucionais a toda a corporación, para así poder trasladar o que cada grupo considere.
O alcalde sigue nesa nube da que pensa que gañou unhas eleccións, e non é digno da administración que representa, continua na dinámica de desprezar aos grupos aos que lle roubou os votos para seguir desgobernando dous anos máis, coa abstención do PP como cómplice para seguir mantendo un cargo do que se apropiou.
Comments