top of page

O BNG de Cruces reclama a convocatoria da praza de técnico superior para Urbanismo

8 oct
2 min de lectura

Álex Fiúza: “Taboada ten que resolver o problema de Urbanismo, pero a realidade é que seguimos pagando asistencia técnica externa mentres a praza municipal continúa

sen unha solución definitiva”


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces reclama ao alcalde, Luis Taboada, que explique por que, despois de anos de compromisos, mocións aprobadas en pleno e dunha modificación da Relación de Postos de Traballo aprobada en 2024 para reforzar o servizo de Urbanismo, o Concello continúa recorrendo a asistencia técnica externa.

"A situación vén de lonxe. En 2016 o PP, daquelas no goberno, convocou unha praza de

Técnico Medio de Urbanismo como funcionario interino. Esa convocatoria foi posteriormente anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mediante sentenza de 2019. O propio fallo lembra, ademais, que a actividade de asistencia técnica urbanística levaba anos prestándose mediante servizos externos", lembra o Bloque e engade que "en novembro de 2024, o Goberno de Taboada promoveu unha modificación da RPT coa

transformación da praza de Técnico Medio de Urbanismo nunha praza de técnico superior

para reforzar esta área. Nese momento, o propio Goberno municipal xustificaba a

modificación pola necesidade de reforzar Urbanismo".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O BNG apoiou a creación da praza de Arquitecto/a Municipal porque leva anos reclamando unha estrutura técnica propia e estable e o fin da dependencia de empresas externas para cubrir necesidades permanentes da Administración. "Pero a realidade, segundo a información de contratación publicada, é que en maio de 2026 o Concello volveu contratar asistencia técnica para a emisión de informes técnicos e urbanísticos, por importe de 11.160 euros, ademais do pago recurrente de facturas por estes servizos".


“Que explique Taboada que sentido ten modificar a RPT, anunciar unha praza de arquitecto

municipal e presentar aquilo como a solución aos problemas de Urbanismo se dous anos

despois seguimos pagando asistencia técnica externa”, sinala o portavoz municipal do BNG, Álex Fiúza.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Para o BNG, o problema xa non pode xustificarse como unha situación puntual ou excepcional. “Levan anos falando de solucionar Urbanismo. Houbo unha sentenza, houbo

compromisos, modificouse a RPT e, con todo, seguimos na mesma dinámica. O que

queremos saber agora é por que non se resolveu definitivamente a praza”, afirma Fiúza.


“Vila de Cruces non pode ter unha Administración pública que crea prazas estruturais sobre o papel mentres na práctica segue externalizando durante anos as mesmas necesidades. Se Urbanismo é unha necesidade permanente do Concello, debe contar con persoal propio, estable e seleccionado con todas as garantías. Taboada ten que explicar por que isto non se resolveu aínda”, conclúe o portavoz nacionalista.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page