O BNG de Agolada reclama un plan urxente de limpeza doscamiños rurais municipais
- ecosdacomarca

- hace 18 horas
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
O BNG de Agolada vén de presentar unha moción para o seu debate no próximo pleno na que solicita ao goberno local a posta en marcha dun plan urxente de limpeza e desbroce doscamiños rurais de monte de titularidade municipal, así como a elaboración dun inventario actualizado que permita planificar o seu mantemento anual.
A portavoz municipal do BNG, Susana Tato Pampín, explicou que “moitos destes camiños estánpracticamente pechados pola maleza, con árbores e silvas que impiden o paso de vehículos e mesmo de persoas, dificultando o traballo diario de moitos veciños e veciñas e incrementando o risco de incendios”.

A moción tamén pide que o Concello requira ós TECOR beneficiarios de subvencións municipais que colaboren nas tarefas de limpeza e conservación das vías que utilizan con
frecuencia, e que se condicione a concesión de futuras axudas ao cumprimento destas obrigas.
Tato subliñou que o mantemento dos camiños rurais “non é só unha cuestión de seguridade, senón tamén unha oportunidade de desenvolvemento económico para o noso concello. Uns camiños accesibles e ben coidados favorecen o aproveitamento agrario e forestal, permiten organizar roteiros, e contribúen a dinamizar o comercio e o turismo rural”.
Publicidade
Para o BNG de Agolada, “non se pode falar de apoiar o rural se se deixan intransitables os
camiños polos que a veciñanza accede ás súas fincas e montes”. A formación nacionalista
considera que o Concello debe asumir a súa responsabilidade no coidado destas
infraestruturas básicas e garantir que quen recibe fondos públicos cumpra tamén coas súas obrigas. “O rural non pode ser só un lema nas campañas, ten que ser unha prioridade real. Limpar e manter os camiños é investir en seguridade, en economía local e en dignidade para quen vive do e no campo”, concluíu Tato.







Comentarios