top of page

O BNG de Agolada propón unha batería de medidas para evitar unha nova vaga de lumes forestais

Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada, a través da súa concelleira Susana Tato, levará ao vindeiro pleno municipal unha moción sobre a vaga de lumes forestais que asolou Galicia no mes de agosto e as medidas necesarias para evitar que se repita esta catástrofe "mediante unha política de prevención e unha xestión integral do medio".


"Galiza viviu no pasado mes de agosto unha das peores vagas de lumes forestais da súa historia recente. A desolación e a ferida aberta que esta catástrofe ambiental, social e económica deixou en gran parte do noso territorio e tamén no noso concello, concretamente nas parroquias de o Sexo (principalmente), Baiña ou Berredo son palpábeis e esixen unha reacción inmediata e contundente. Estas parroquias, entre outras, levan máis de 20 anos agardando un proxecto de ordenación do monte, que sempre rematan en promesas incumpridas, con proxectos interesantes para converter o monte en rendible o polo tanto alonxar a posibilidade dos lumes que nas circunstancias actuais de fragmentación da propiedade son inviables", recalca Susana Tato.


En canto ás dimensións reais do desastre,, apunta, "o sistema europeo Copernicus fixo unha estimación de máis de 143.000 hectáreas queimadas no mes de agosto, das que 400 hectáreas foron no noso concello, mentres que a Xunta deu uns datos sensibelmente inferiores: 108.411 en agosto. Esta vaga de lumes, máis que unha praga bíblica, ou unha acción atribuíble soamente a mentes perturbadas, é a consecuencia directa dunha xestión absolutamente neglixente por parte do goberno galego, tanto na prevención como na xestión da emerxencia".


En canto á prevención, acusa o BNG, "nin Concello nin a Xunta fixeron nada ao respecto. No caso do Concello, tería que ter informado ao todos os propietarios da obriga de manter limpas as faixas de protección dos núcleos rurais e de non facelo os propietarios, o Concello tería que limpalos subsidiariamente, non se fixo nada. Agora que a Xunta anunciou que se asumiría directamente esta obriga, agardamos que non se trate dunha promesa máis e se cumpra para evitar que a poboación se vexa en perigo novamente".

Respecto do mantemento das infraestruturas básicas de loita contra os lumes "queremos facer referencia á situación na que se atopa un pozo de abastecemento de auga a motobombas, helicópteros ou incluso para as cisternas da veciñanza, que demostraron ser os máis eficaces na loita contra o lume, situado na parroquia de Val de Sangorza que no canto de estar cheo de auga, atópase cheo de terra e pedras ao convertelo nun vertedoiro de escombros, que segundo nos informan, foron operarios da Deputación provincial que foron vertendo para alí terra e escombro ademais de estar sen limpar o seu acceso".


"Temos sorte", sinala, "de que o lume non se producira, por agora, no monte da CMVMC de Basadroa, Outeiro e Ramil, que autoxestiona 350 hectáreas aproximadamente de xeito eficiente e que ten, a maiores, unha parte do monte xestionado pola Xunta de Galiza a través dun convenio entre a administración e a CMVMC citada. Este monte conveniado, segundo a propia CMVMC denuncia non se levan a cabo limpezas de pistas e cortalumes dende hai alomenos 3 anos, sen cumprir os propios compromisos por parte da administración en canto a limpeza e seguridade".



 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

"A falta de planificación, de prevención e de recursos eficientes por parte da Xunta converteu a situación nunha auténtica catástrofe. A xestión foi errática, sen a coordinación necesaria, deixando a moitas brigadas e concellos traballando en circunstancias extremadamente adversas e, en moitos casos, en total desamparo como se puido comprobar nas zonas afectadas. Temos que agradecer á veciñanza a súa loita evitando que arderan lugares enteiros, como é o caso do Sexo. Esta vaga de lumes deixa unha lección clara: non podemos seguir como estabamos. É por iso que o BNG defende un cambio estrutural e unha estratexia integral sobre o conxunto do territorio que teña como obxectivo evitar que un desastre deste tipo se volva a repetir. Fronte ás políticas fracasadas do pasado, Galiza precisa unha alternativa de futuro para o noso medio rural, un plan que procure a atención inmediata ás persoas afectadas, a recuperación ambiental real, un novo modelo de monte multifuncional, unha prevención estrutural e eficaz, e a revitalización socioeconómica do rural".


Polo anteriormente exposto, o grupo municipal do BNG do concello de Agolada presenta para a súa aprobación polo pleno da corporación esta moción, propoñendo a adopción dos seguintes


ACORDOS:

1. Demandar á Xunta a inmediata posta en marcha dos procesos de concentración parcelaria nas zonas prometidas nomeadamente Agra-O Sexo-Val de Sangorza, Baíña-

Berredo-Orrea e Basadre-Eidián-Ramil.

2. Demandar á Xunta de Galiza que leve a cabo de xeito inmediato a limpeza do monte conveniado da CMVMC de Basadroa, Outeiro e Ramil, como solicita a dirección de dita comunidade.

3. Demandar ao goberno municipal a posta a punto do pozo de Val para que recupere a súa función na loita contra o lume. E que demande responsabilidades, se así corresponde a administración responsable do seu actual estado.

4. Urxir á Xunta de Galiza a pór en marcha un Plan de Emprego Verde de restauración ambiental das áreas afectadas, que se centrará na restauración ecolóxica, a protección da biodiversidade e a recuperación dos solos.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

5. Demandar á Xunta a aprobación dunha moratoria inmediata a novas plantacións de eucalipto para reconducir a política forestal cara a un modelo de monte ordenado e

multifuncional que xere riqueza e que sexa máis resiliente fronte aos lumes.

6. Instar á Xunta de Galiza a duplicar os fondos de prevención nos dous próximos anos.

7. Exixir o reforzo e a profesionalización dos servizos de prevención e extinción, incluíndo a creación de 70 brigadas móbiles de vixilancia e a dotación de medios e equipos adecuados para o ataque a grandes incendios. Tamén, garantir a mellora das condicións laborais do persoal do servizo.

8. Demandar ao goberno galego que impulse a revitalización socioeconómica do rural, promovendo a mellora dos servizos, o incremento do financiamento dos concellos e

alternativas produtivas sostibles e que fomenten a mobilización de terras para a produción

sustentable de alimentos.

9. Demandar a asunción de responsabilidades políticas por parte dos máximos responsables do goberno galego, comezando polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda,

pola súa xestión “absolutamente neglixente” e por converter a vaga de lumes nunha auténtica catástrofe que podería terse evitado.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page