top of page

O BNG de Agolada presenta unha moción para garantir servizos básicos e esenciais para os maiores

Ecos da Comarca/Agolada

O Grupo Municipal do BNG de Agolada presentará no próximo pleno unha moción centrada na mellora da atención e dos servizos destinados á xente maior, un colectivo fundamental na realidade demográfica do municipio. A portavoz municipal, Susana Tato Pampín, salienta que “Agolada é un concello profundamente rural e envellecido, e isto non pode ser só unha frase que repetimos: debe traducirse en políticas reais. A nosa xente maior merece vivir con seguridade, autonomía e cun apoio público que funcione de verdade. Non é un favor: é un dereito”

ree

Tato Pampín insiste en que garantir servizos básicos non é unha cuestión opcional: “Non estamos pedindo nada extraordinario. Falamos de dereitos. Dereito a un transporte adaptado, a atención domiciliaria suficiente, a actividades que eviten o illamento, a ter recursos sociais e sanitarios próximos. A día de hoxe, moitas destas necesidades non están cubertas como deberían”.


Principais medidas incluídas na moción

A proposta do BNG recolle medidas clave como:

  • Inventario dos servizos existentes e avaliación da súa calidade, para ter unha

    fotografía real da situación.

  • Melloras no transporte adaptado e na accesibilidade dentro do municipio e entre

parroquias.

  • Reforzo do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e ampliación de programas de

acompañamento, teleasistencia e xantar na casa.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
  • Colaboración coa Xunta para achegar recursos sanitarios ás zonas rurais.

  • Conversión do edificio da Terceira Idade nun centro de día con prazas non

dependentes, pensado especialmente para persoas maiores que viven soas.

  • Programa estable de actividades culturais, educativas e deportivas, orientadas a

evitar o illamento e fomentar a participación.

  • Creación dun punto único de información e dun comité de seguimento coas

asociacións de maiores.


“Temos que poñer a xente maior no centro da acción municipal”. A portavoz destaca que esta moción pretende abrir un camiño a políticas estables e non improvisadas: “Os maiores non poden depender de anuncios soltos nin de iniciativas puntuais. Necesitan unha planificación seria. Por iso propoñemos medidas concretas, medibles e que poden empezar a executarse de inmediato se hai vontade política”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Chamamento ao resto da Corporación

Tato Pampín apela á responsabilidade de todos os grupos: “Agardo que o resto da Corporación Municipal apoie esta proposta. Non é unha moción do BNG para o BNG; é unha moción pensada para as persoas maiores de Agolada, para quen sostivo as nosas casas, as nosas parroquias e a nosa historia. Merecen dignidade, non parches”.


O BNG reafirma o seu compromiso cun modelo de concello inclusivo, solidario e respectuoso coa realidade da xente maior, e continuará traballando para que Agolada conte con servizos públicos á altura das súas necesidades.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page