top of page

O BNG de Agolada insta ao PP a apoiar as emendas para o concello nos Orzamentos 2026

Alerta de que este municipio non pode quedar outra vez fóra das prioridades da Xunta


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada presentou cinco emendas aos Orzamentos da Xunta para 2026 co obxectivo de cubrir necesidades consideradas “básicas, urxentes e históricas” do concello. As emendas están pendentes de votación e o Bloque reclama ao PP as apoie para evitar que Agolada “volva quedar atrás un ano máis”.

As nacionalistas Susana Tato e Ariadna Fernández ao pé da AC-840.
As nacionalistas Susana Tato e Ariadna Fernández ao pé da AC-840.

As propostas rexistradas polo BNG para Agolada céntranse en cinco actuacións clave:

1. Decreto e execución das concentracións parcelarias en Baíña, Berredo, Orrea, Eidián, Ramil, Basadre, Agra, O Sexo e Val de Sangorza, así como o estudo previo en Sexto e Brocos.

2. Reforestación e recuperación dos montes queimados en O Sexo, Baíña, Val de Sangorza e Berredo.

3. Restablecemento do servizo de pediatría, creación dunha nova praza de médico de atención primaria e mellora das infraestruturas do Centro de Saúde.

4. Arranxo integral da AC-840 ao seu paso por Agolada, incluíndo reasfaltado, mellora da sinalización, limpeza de cunetas e rehabilitación de beirarrúas.

5. Creación dun Centro de Día e dun servizo de Noite, mediante a adaptación dun edificio municipal.


A portavoz municipal, Susana Tato Pampín, explica que estas cinco propostas responden a necesidades coñecidas pola veciñanza e perfectamente asumibles polo Goberno galego: “Non estamos pedindo nada extraordinario. Estamos pedindo o básico: sanidade, estradas seguras, atención ás persoas maiores,montes coidados e parcelarias que levan décadas esperando”.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A portavoz subliña que, "despois de tantos anos de abandono institucional, Agolada merece que a Xunta actúe con responsabilidade: O PP fala moito de apoiar o rural, pero nas votacións é onde se ve a verdade. Se votan en contra destas actuacións, terán que explicarlle á veciñanza por que uns servizos básicos para o noso concello”.


O BNG manterá a presión política e social. A organización nacionalista lembra que continuará defendendo o concello “en todas as administracións e en todos os formatos”, porque Agolada “non podeseguir sendo un concello ausente nos orzamentos da Xunta”.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O BNG comprométese a seguir traballando para:

  • Unhas parcelarias con calendario e garantías.

  • Recuperar servizos sanitarios perdidos.

  • Garantir estradas en condicións.

  • Restaurar os montes afectados polos incendios.

  • Poñer en marcha servizos sociais que respondan á realidade dun concello envellecido.


“Agolada ten necesidades reais e merece estar nos Orzamentos de Galicia. Esa é a batalla que estamos a dar e que seguiremos dando”, concluíu Tato.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page