top of page

O BNG de Agolada esixe que se convoquen os plenos ordinarios na data establecida

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Levará a cabo unha moción sobre isto e "esperamos que o alcalde nos faga caso senón tomaremos outras medidas", recalca


Ecos da Comarca/Agolada

Dende o grupo político do Bng de Agolada, a través da súa concelleira Susana Tato, veñen de rexistrar unha moción a próximo pleno ordinario do Concello, o cal se debería haber celebrado o derradeiro venres do mes de febreiro, na que solicitan un acordo plenario para establecer unhas datas determinadas para a celebración dos plenos ordinarios, "e deixar a situación de caos organizativo no que está sumido o Concello".

Indican dende o BNG de Agolada que están cansos de non saber cando se van celebrar os plenos ordinarios do Concello, a pesar de que no pleno de organización do Concello de Agolada, celebrado o 22 de xuño de 2023, no punto primeiro, relativo ao réxime das sesións plenarias acordou, de acordo coa lexislación vixente que “as sesións ordinarias celebraranse cada dous meses, o último venres dos meses pares, ás 10:00 horas. No caso de que ese día resultase festivo, a sesión terá lugar o día hábil inmediato seguinte”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O mesmo apartado do pleno de organización, contiña un punto segundo, no que se acordou “facultar ao alcalde-presidente para adiantar ou retrasar a data de celebración do pleno 15 días, por causas xustificadas”, que realmente son de imposible xustificación, opina Susana Tato. “Este punto segundo non se axusta á legalidade vixente, así o expuxemos no mesmo pleno de organización. A sesión ordinaria ten un día e hora fixos, e só pode ser movido por acordo unánime da xunta de portavoces. O resto dos plenos son de carácter extraordinario. Ademais, os tribunais veñen anulando os acordos e resolucións que non respectan esa periodicidade mínima establecida por lei e por acordo plenario, que

tamén se considera norma de obrigado cumprimento. O que supón un perigo para o propio concello” indica a portavoz do Bng na Agolada.


Denuncian dende o grupo político que no que vai de lexislatura nunca se celebrou un pleno no día e hora acordados. Unha das funcións básicas de ter un día e unha hora concreto e determinados é a de facilitar a asistencia de toda a corporación municipal e da cidadanía que queira participar nos mesmos; podendo, polo tanto, organizar e planificar a súa vida e o seu traballo coa antelación necesaria. “Agora mesmo, podemos ter o pleno cunha variación de un mes, ou incluso atoparnos que nun mesmo mes temos dous plenos e así é imposible planificar nada, correndo o risco de que non se poida asistir por outros compromisos profesionais ou persoais. Recordemos que a maioría dos concelleiros non temos dedicacións exclusivas. Trátase de axustarse á lei vixente e non andar agardando a que ao Sr. Alcalde lle apeteza ou teña tempo para as cousas de todos”, subliña a edil nacionalista.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo indican dende o grupo do BNG esta situación complica moito o traballo da oposición, asegurando que “é o que busca o alcalde, pero que non o vai a conseguir”.

Agora presentan esta moción esperando que saia adiante, "pero se o alcalde segue a convocar os plenos cando a el lle dea a gana" non descartan tomar as medidas legais precisas para conseguir o normal funcionamento do pleno.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page