top of page

O BNG de Agolada denuncia o lamentable estado do camiño Sangorza– Baíña

Esixe responsabilidades á Xunta e ao Concello


Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada denuncia o estado deplorable no que se atopa o camiño municipal Sangorza–Baíña, incluído pola Xunta de Galicia no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023–2024, cun investimento anunciado de 82.714 euros, financiado con fondos públicos e fondos europeos FEADER no marco da PAC 2023–2027.

Sinala que as imaxes falan por si soas: "Regueiros profundos provocados pola escorrentía, firme desaparecido, zahorra arrastrada e un camiño que queda en peor estado que antes da intervención".


A portavoz municipal do BNG, Susana Tato, sinala que “o que vemos aquí non é unha mellora, é unha irresponsabilidade. A Xunta non pode permitir que obras financiadas con fondos públicos rematen así, e o Concello, como titular, tampouco pode mirar para outro lado. A veciñanza merece respostas e merece camiños seguros, non chapuzas que duran dúas choivas”.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A nacionalista engade: “Se a Xunta promove e financia unha obra, ten a obriga de garantir a súa calidade. E o Concello, se realmente defende os intereses de Agolada, debe supervisar, reclamar e facer valer os dereitos da veciñanza. Aquí non se fixo nin unha cousa nin a outra”.


O BNG lembra que:

- A Xunta é a administración promotora do programa e quen debe garantir que as obras cumpran cos criterios de calidade e durabilidade.

- O Concello de Agolada, como titular do camiño, debe supervisar, revisar e reclamar correccións sempre que sexa necesario.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O BNG levará o asunto ao pleno e ao Parlamento

No vindeiro pleno municipal, o BNG preguntará ao goberno local "se existe acta de recepción da obra; se houbo supervisión técnica por parte do Concello e se pensa esixir formalmente á Xunta unha intervención que garanta un resultado acorde ao investimento realizado".


Ademais, a portavoz anuncia que “unha vez máis solicitaremos á nosa deputada, Ariadna Fernández, que leve esta situación ao Parlamento de Galicia, porque Agolada merece respecto e merece ser escoitada tamén en Santiago”. O BNG reafirma o seu compromiso de seguir fiscalizando estas actuacións e defendendo "que cada euro público se traduza en melloras reais para o rural e non en obras que xa nacen deterioradas".




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page