O BNG cuestiona que Ferrovial sexa a firma adxudicataria do subministro de luz en Silleda
"O goberno sitúase do lado das grandes empresas estatais fronte ás PEMES locais", recrimina
Ecos da Comarca/Silleda
O BNG cuestiona que o goberno silledense "sitúase do lado das grandes empresas estatais fronte ás PEMES locais. Isto queda patente, logo de rematar o proceso de licitación do contrato de mantemento e subministro da luz pública, no que FERROVIAL é a empresa adxudicataria".

Polo tanto, sinala "a xestión da luz pública queda en mans dunha empresa que aseguraba que marchaba de España pola inseguridade xurídica, mais parece que non ten inconvintes en facer negocios co cartos dos silledenses. A concesión deste contrato, o máis caro do concello, con case 9 millóns e medio de presuposto e 14 anos de duración, vai en contra da normativa europea 2014/24/UE que recomenda a división por lotes dos grandes contratos para aumentar a competencia, evitar a formación de oligopolios e favorecer as PEMES locais".
Ao mesmo tempo, recalca "dentro das medidas de apoio as PEMES, introducidas na lei 9/2017, de contratos do sector público, contémplase a regulación da división por lotes, debendo xustificarse no expediente a imposibilidade da división por lotes. A xustificación da non división do goberno municipal baseabase en que era máis fácil a coordinación da administración cunha soa empresa que con varias, argumento de pouco peso para o BNG, que responde únicamente ao afán privatizados do goberno".
E insiste en que é "unha externalización máis, que sae moi cara ós silledenses, tendo en conta que non entran neste contrato mixto de mantemento e subministro, os edificios públicos. Un contrato que deixa en mans dunha multinacional o futuro lumínico do concello podendo revisar o prezo en calquer momento e se lle permite subcontratar o que vai en detrimento dos usuarios e traballadores subcontratados".
Por último, recrimina que o PSOE "que anda estos días presumindo de inversións no concello, foi incapaz de atraer financiación para o cambio de leds ou de licitar, en de 16 anos de goberno, o contrato da luz para obter un prezo máis baixo do subministro".








Comentarios