top of page

O BNG cuestiona a demora da finalización do edificio de servizos integrados de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

"O incremento do orzamento e o atraso de seis meses na finalización da obra do edificio de servizos integrados de Lalín". Así resume a deputada nacionalista lalinense Ariadna Fernández a resposta obtida pola Xunta de Galiza ao respecto "das novas instalacións que incumpren os prazos, xa que deberan estar rematadas este verán".

ree

A lentitude na construción do Edificio de Servizos Integrados foi nova en Lalín hai escasos tres meses, resultado dunha parada nas obras que se estendeu durante semanas, co compromiso da Consellería de Medio Rural naquel momento de reactivar os traballos canto antes. Froito diso, dende o BNG rexistráronse varias iniciativas parlamentares co obxecto de coñecer o motivo dos atrasos e tratando de aclarar os prazos que se manexaban ao respecto da finalización de ditas obras.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

"Esta mesma semana, dende a Consellería confirmaban que o atraso acumulado será de 6 meses, nunha infraestrutura que segundo os prazos establecidos debera estar rematada neste verán de 2025, cando se cumprían 21 meses despois de ser adxudicada". Así mesmo informábase aos nacionalistas das razóns para a aparente lentitude das obras, que non son outras que unha modificación do proxecto para adaptar os materiais da fachada á normativa vixente contra posibles lumes, garantindo un mellor comportamento destes fronte a incendios. Deste xeito, a maiores do conseguinte atraso, "aumentará tamén a contía económica destinada ao edificio, que tiña como orzamento 3.718.761 euros, incrementándose en algo máis dun 4%".


Segundo a deputada nacionalista, “que haxa que paralizar unha obra por falla de planificación e organización do goberno galego, por unha modificación do proxecto que non aparece na páxina da Xunta de Galiza non é o comportamento de agardar dunha administración solvente e transparente” adiantando que solicitará dita modificación a

través do Artigo 9 do Parlamento. Continúa dicindo que “non menos importante é o

aumento do orzamento de máis 150.000 euros derivados diso, nun edificio que, con sorte

estará rematado con 6 meses de demora.”


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Fronte aos motivos que deron lugar á nova redacción, dende a Xunta de Galiza destacan o de cumprir coa normativa vixente, de xeito que a deputada do BNG se cuestiona "se o proxecto inicial non cumpría con esta, feito que sería unha total falla de responsabilidade por parte da administración".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page