top of page

O BNG cruceño solicita unha reunión con Educación para abordar distintas problemáticas dos centros

10 sept 2022
2 min de lectura

Reclama explicacións ao grupo de goberno "pola nula xestión no peche do CEIP de Merza e negociación coa Xunta para a concesión das instalacións, co fin de darlle unha segunda oportunidade ao centro, consensuada coa veciñanza e asociacións"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces demanda unha reunión cos responsables da Consellería de Educación. "O BNG defende un rural vivo, con colexios adaptados ás necesidades do século XXI, e edificios públicos útiles para a veciñanza", recalca o voceiro, Álex Fiuza.

O BNG durante unha reunión cos pais do CEIP de Piloño.

O partido nacionalista reitera unha vez máis que "os centros educativos en Cruces sofren o abandono do goberno local e tamén da Xunta. Ignóranse problemáticas históricas demandadas polas familias usuarias durante décadas, e que cada ano os nacionalistas presentan en forma de enmendas aos orzamentos da Xunta".


Sinala que tras o peche do CEIP de Merza, "cun silencio sepulcral por parte do goberno local, do cal, xa se auguraba dende hai anos por non reclamar melloras de servizos de conciliación, como o servizo de comedor. Vila de Cruces atópase cun centro rural como é o CEIP Cerdeiriñas de Piloño, con parte das instalacións deterioradas debido ao abandono de Xunta e Concello, ao igual que o CEIP Nosa Señora da Piedade, no que o goberno local deixa escapar oportunidades de financiamento como a subvención das pistas multideportivas, por falta de previsión e preocupación".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende o BNG demándase ao alcalde Luis Taboada que solicite, "de xeito urxente, á Conselleria de Educación unha reunión coa representación de todos os grupos da Corporación, para atallar as distintas problemáticas, como as instalacións do pavillón do CEIP Cerdeiriñas, a instalación das tuberías, o cambio das ventás con amianto, o acceso á pista deportiva... así como melloras para o acceso aos centros, xa que a distancia que o alumnado ten que percorrer é o suficientemente longa para coller boas molladuras durante o inverno", recalca.

Á súa vez, o BNG reclama explicacións ao grupo de goberno "pola nula xestión no peche do CEIP de Merza". Polo que o grupo nacionalista demanda "a negociación coa Xunta para a concesión das instalacións, co fin de darlle unha segunda oportunidade ao centro, consensuada coa veciñanza e asociacións".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page