O BNG cruceño pregúntase o porque non se limpou o pavillón municipal tras o Entroido
- ecosdacomarca

- 24 feb 2023
- 1 Min. de lectura
Indica que debido a isto onte non se puideron restablecer as clases das Escolas Deportivas
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O BNG pregúntase o porque non se limpou o pavillón municipal. "Tras a celebración do Entroido en Vila de Cruces o pasado martes, non se puideron restablecer as clases das Escolas Deportivas programadas no pavillón para este xoves".

"O goberno non foi quen de ter as instalacións acondicionadas para reestablecer as clases de patinaxe, afectando aos usuarios que fan un esforzo económico, cos prexuizos que lle trae á empresa, por ter que suspender as clases", lamenta o partido nacionalista.
Así mesmo, incide en que "non se celebrou un acto improvisado, polo que a falta de previsión non é unha excusa. Foron sobre 30 persoas as afectadas por esta falta de coordinación do equipo de desgoberno, que ao BNG non nos colle de sorpresa, aínda que non nos estrañaría que a resposta sexa a mesma de sempre, recordando o mantra de que a culpa é do BNG".







Comentarios