top of page

O BNG cruceño lembra o acordo plenario para reformar o parque do poboado mineiro de Fontao

26 nov 2021
1 min de lectura

"Os compromisos plenarios débense cumprir, xa que é o máximo órgano de goberno, e non facer demagoxia vendendo a obra varias veces sen levala a cabo", indica.


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces quere poñer o foco nas deficiencias do poboado mineiro de Fontao, en Vila de Cruces. A comezos do ano 2020 o BNG presentou unha moción adicada ás necesidades do poboado. Solicitábase por vía formal arranxar o parque, aumentar a recollida do lixo en verán, levar a cabo o arranxo de luminarias nas zonas verdes en espazos de xogo e dotar o poboado de xornadas para mellora da convivencia comunitaria. Esta moción foi aprobada en Pleno por unanimidade.


"En novembro dese mesmo ano, ó ver que nada mudara, a Asociación de Veciñas/os do Poboado convocou a tódalas forzas políticas alí mesmo, para dar un segundo impulso a este proxecto. O alcalde non asistiu. Aínda así, no pleno de novembro de 2020 as tres formacións da oposición levamos unha moción conxunta sobre as melloras pendentes de acometer", apunta o partido nacionalista. "A día de hoxe, un ano e medio despois, a veciñanza do poboado segue a sufrir a mala xestión deste goberno local e dun alcalde que fai oídos xordos ó dereito de vivir dignamente a case 200 familias e 40 crianzas", engade.


O voceiro do BNG quere lembrarlle ao alcalde, Luis Taboada, "que os compromisos plenarios débense cumprir, xa que é o máximo órgano de goberno, e non facer demagoxia vendendo a obra varias veces sen levala a cabo".



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page