top of page

O BNG cruceño convida á veciñanza ao peche de campaña esta noite no auditorio da localidade

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces convida á veciñanza ao peche de campaña no Auditorio Xosé Casal ás 21:00 horas. O candidato, Álex Fiuza, anima aos veciños "a atreverse".

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No peche de campaña intervirán Paula Rivela e Carlota Salgado, Jabier González, o Deputado do Parlamento Galego Luis Bará e o candidato á Alcaldía, Alex Fiuza, onde expoñerán o proxecto "por un concello que pense no interese común, dinámico, facilitando o presente e construíndo futuro, con máis servizos, un rural cun plan de desenvolvemento activo, pensado por e para a veciñanza a través de orzamentos participativos. Aprobando o PXOM, facilitando acceso a vivendas, terreos e explotacións ás que darlle unha segunda vida. En definitiva Vila de Cruces merece máis, e o BNG está preparado para ofrecerlo", recalca.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page