top of page

O BNG critica "o mínimo investimento da Xunta nos puntos de atención á infancia de Rodeiro e Agolada"

Ecos da Comarca/Agolada

A deputada nacionalista Ariadna Fernández fai unha lectura negativa das cifras económicas que a Xunta de Galiza achega aos concellos de pequeno tamaño para o mantemento do funcionamento dos Punto de Atención á Infancia (PAI), especificadas a través da resposta parlamentar do goberno galego.

ree

Coa recente resposta da Consellería de Política Social, a Xunta de Galiza achega os datos concretos sobre o investimento que realizou no presente curso para o mantemento dos puntos de atención á infancia do Deza. "No caso de Agolada non chegaron aos 20.000 euros anuais (195.786 euros) e Rodeiro superounos por pouco (20.278 euros), deixando nunha situación economicamente moi complexa a concellos de menos de 3.000 habitantes que dispoñen duns orzamentos moi minguados e ven moi diminuída a súa capacidade de actuación noutros eidos", recalca.


Fernández, que xa obtivo o voto en contra do PP no debate sobre o aumento das contías das subvencións para o funcionamento dos PAI do país reitera “os Concellos de pequeno tamaño perden moita capacidade de acción noutros eidos a costa de manter servizos de conciliación, que no caso dos concellos de maior tamaño corre a cargo da Xunta de Galiza a través das Galiñas Azuis ou de escolas privadas que a Xunta de Galiza financia, dando lugar a un agravio comparativo entre as familias que deciden quedar no rural, xa bastante despoboado e que non mellorará se non se inviste nel”.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Así mesmo, referíndose ao caso concreto destes dous concellos dezaos a deputada nacionalista cualifica as contías de “moi limitadas e insuficientes por si mesmas para sacar adiante os puntos de atención á infancia” e lembra que o goberno "está investindo máis de 300 euros en prazas de escola infantil privada para poder ofertar o servizo, mentres aos concellos non se lles achega nin a terceira parte, sen chegar aos 100 euros por crianza no caso de Rodeiro e Agolada".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Non entanto, dende a Consellería reiteran que o goberno galego é o que garante a gratuidade da atención 0-3 cando o fai, en moitos casos, a costa das arcas municipais, xa de por si moi minguadas". Segundo a nacionalista está clara cal é a opción que a Xunta de Galiza fomenta: “Vese claramente que o rural non é a súa prioridade, menos aínda no interior, onde temos unha crise demográfica fonda que non se resolve recortando fondos en servizos destas características” e anuncia que continuará co debate no Parlamento Galego sobre o asunto para mellorar ese financiamento.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page