top of page

O BNG critica "a falla de pediatras no CIS, que deixa desatendidas ás crianzas de Lalín e comarca"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Aclara que presentará iniciativas parlamentarias para que este servizo básico se restableza o antes posible


Ecos da Comarca/Lalín

Dende o BNG de Lalín admiten “non nos resulta sorprendente que se vaian eliminando servizos na sanidade lalinense, é unha tónica de todo o país que non fai máis que confirmar a intención do Partido Popular galego de desmantelar a sanidade pública, coa indiscutible colaboración do goberno local de Lalín, que cala diante de tal agravio para as crianzas do noso concello e dos arredores”.


Os nacionalistas, que recentemente rexeitaron acudir á inauguración do novo CIS ao definila coma “un simple acto propagandístico, que non vai mellorar en absoluto a atención dos doentes lalinenses. Precisamos moito máis que unhas instalacións novas; o

persoal sanitario continúa a ser escaso, as especialidades non chegan e non se cumpren as promesas no tocante á base de helicópteros e ao servizo de hemodiálise, por non falar

do auténtico despropósito da falla de prazas de aparcadoiro nun proxecto novo, que por

certo xa ten filtracións de auga a través da cuberta”, asevera o portavoz Paco Vilariño.

Dende o Bloque, explican que "hai dous modelos sanitarios contrapostos, o do BNG, que aposta polo investimento do 25% dos orzamentos en materia de sanidade na atención primaria, que soluciona o 90% dos problemas dos lalinenses e galegos por extensión, e o do PP, que trata de desmantelar a sanidade pública, favorecendo a empresa privada, na que grande parte da poboación non podería ser atendida por motivos económicos".


Tanto o portavoz lalinense, Paco Vilariño, coma a deputada Ariadna Fernández valoran a falla de pediatras de Lalín coma unha “auténtica desvergoña e declaración de intencións do goberno local e da Xunta de Galiza, que esquece aos concellos do rural, aos pais e as nais e, o máis vergoñento, ás crianzas, que sofren os efectos dunha atención cada vez máis precarizada” e comprométense a continuar coa defensa da sanidade pública de Lalín, neste caso tamén a través de iniciativas a este respecto no Parlamento Galego, que se presentarán ao longo desta semana, continuando cunha batalla que levan encabezando anos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, o BNG formulará a seguinte pregunta para resposta oral no Pleno do Parlamento de Galicia polo trámite de urxencia: "Prevé a Xunta de Galiza recorrer a sentenza do TSXG pola que se condena ao SERGAS a pagar unha indemnización polo paciente que morreu de infarto no centro de saúde de Lalín tras un grave fallo nos protocolos de atención derivado dos recortes en sanidade dos últimos anos?". Máis información desta nova no enlace:https://www.ecosdacomarca.com/post/o-bng-defende-o-seu-compromiso-coa-sanidade-p%C3%BAblica-en-lal%C3%ADn-tras-o-fallo-do-tsxg-sobre-o-falecido-p

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page