top of page

O BNG chama á veciñanza de Arzúa a participar do acto sobre as eleccións que celebrará esta mañá

Contará coa presenza de Néstor Rego, deputado e número 1 da lista pola provincia da Coruña

Ecos da Comarca/Arzúa

O Bloque Nacionalista Galego celebrará hoxe, sábado día 8, ás 12 horas en Arzúa o acto central da campaña das Eleccións Xerais na localidade. Aínda que estaba previsto que se celebrase na Praza de Galiza, debido ás previsións metereolóxicas, terá lugar, finalmente, na Capela da Madanela e nel intervirán o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, a candidata ao senado Socorro Cea e o actual deputado e candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego.


Publicidade

O Responsábel Comarcal do BNG, Denís Bermúdez, fixo un convite a toda a veciñanza de Arzúa e comarca a participar do acto para escoitar as propostas do BNG de cara ás eleccións.


Publicidade

“Galiza precisa un grupo galego forte no Congreso, que teña as mans libres para defender os intereses dos galegos e galegas en Madrid e a única forza política que pode garanter isto é o BNG”, sinalou ao tempo que lembrou que “cando o Estado fixo inversións importantes na nosa localidade foi porque os votos do BNG no Congreso eran decisivos. Canta máis forza teñamos, mellor nos irá aos galegos e galegas e, polo tanto os arzuáns e arzuás” concluiu.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page