O BNG alerta do negacionismo da dereita, denuncia o retroceso na loita contra a violencia machista
- ecosdacomarca

- hace 9 minutos
- 2 Min. de lectura
Chama á mobilización neste 25N
Ecos da Comarca/Deza
Neste 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o BNG quere denunciar "o negacionismo “activo ou pasivo” que está abrazando a dereita, en Galiza e no Estado, e que fai que institucións como a Xunta baixen a garda diante do tema máis importante para as mulleres: o dereito a unha vida libre de violencia machista".

Tras recordar que a violencia machista matou en Galiza máis de 60 mulleres desde o 2008 e mantén hoxe 6.000 dentro do sistema Viogen, a deputada nacionalista lalinense Ariadna Fernández advertiu do “efecto perverso” que o negacionismo ten na loita contra a violencia machista porque “alimenta a súa invisibilización” e impide avanzar no dereito a ser libres. ‘Negar a violencia machista é violencia machista’, sentenciou.
A deputada, Ariadna Fernández, lembrou que cando se cumpren 18 anos desde a aprobación da Lei de Violencia Machista, aínda está sen desenvolver en aspectos fundamentais como a prevención, a coeducación ou a atención psicolóxica ás vítimas en Atención Primaria. “Coa lei sen desenvolver, a Xunta de Galiza está privatizando todos os servizos que pode e que teñen que ver coa atención ás vítimas de violencia machista”, afirmou Fernández. A deputada lembrou que o Goberno galego “privatizou os centros de crise 24 horas para mulleres vítimas de violencia sexual, privatizou a rede de acollemento e agora acaba de anunciar tamén a privatización dos futuros CIM móbiles”. "O PP que privatiza para “facer negocio” coa violencia contra a muller, encara agora o 25-N cun recorte de máis de un millón en euros no orzamento de 2026 para esta materia", salienta.
Publicidade
Ante esta situación, o BNG denuncia que “é algo que non podemos tolerar” e reclama con firmeza que estes recursos “sexan servizos públicos, cun reforzo real da atención psicolóxica, da asistencia nos xulgados e doutras áreas fundamentais no acompañamento ás vítimas”.
Ariadna Fernández incidiu ademais en que “en tempos de cuestionamento e negacionismo cómpre máis feminismo contra a violencia machista”, polo que o Bloque chama á mobilización neste 25N.
Publicidade
“O 25 de novembro estaremos nas rúas, da man do feminismo galego de base, berrando alto e claro: contra a violencia machista, ningún paso atrás!”, concluíu a deputada.








Comentarios