top of page

O BNG agoladés rexistra unha moción para converter os Pendellos nun espazo vivo durante todo o ano

Ecos da Comarca/Agolada

O BNG de Agolada vén de rexistrar para o vindeiro pleno ordinario unha moción

coa que propón a posta en marcha dun Plan Integral de Dinamización dos Pendellos, unha iniciativa pensada para transformar este espazo histórico nun motor cultural, social e económico estable ao longo dos 12 meses do ano.

A proposta parte da realidade actual: os Pendellos son un dos conxuntos patrimoniais máis singulares de Galicia, mais permanecen infrautilizados fóra de citas puntuais como o Corazón da Artesanía, a Mostra Municipal de Artesanía ou o Mercado de Nadal. O obxectivo do BNG é dar continuidade a estas iniciativas e crear unha programación estable que impulse o comercio local, a cultura e a participación veciñal.


A iniciativa busca que os Pendellos deixen de ser un espazo estacional para converterse nun lugar vivo durante todo o ano, aberto á participación da veciñanza, das asociacións culturais e do tecido económico local.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Entre as medidas incluídas no plan destacan a creación dun Mercadiño dos Pendellos o último domingo de cada mes, con economía circular, produto local e propostas gastronómicas; a posta en marcha dun ciclo cultural permanente baixo o nome “Pendellos en Vivo”; a creación dunha Escola Municipal de Teatro aberta a todas as idades; e o programa “Pendellos Abertos”, que dará protagonismo ás asociacións culturais e musicais do concello, entre elas a Banda de Música, Bico da Balouta ou a Coral Polifónica.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Ademais, a moción incorpora o reforzo das feiras xa existentes, a habilitación dun espazo gastronómico no pendello-comedor que poderá ser explotado por hostaleiros locais e a creación dunha comisión municipal para coordinar a programación e garantir a participación social.


Segundo explicou a portavoz municipal, Susana Tato Pampín, “non se trata só de organizar eventos illados, senón de construír un proxecto de futuro que faga dos Pendellos un lugar vivo, con actividade real, oportunidades económicas e espazo para a cultura local”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O plan proponse como unha folla de ruta para iniciar a súa posta en marcha progresiva a partir da primavera de 2026, permitindo unha planificación ordenada e coordinada co calendario anual do concello. Para o BNG, revitalizar os Pendellos é apostar polo futuro de Agolada desde o seu patrimonio, a súa cultura e a súa xente.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page