top of page

O BNG acusa ao goberno galego de non garantir o servizo de pediatría en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

O BNG acusa ao goberno galego de non garantir o servizo de pediatría en Lalín tras recoñecer que non atopa profesionais tras seis meses de busca. Nas respostas recibidas polos nacionalistas ao respecto das eivas no servizo de pediatría no CIS c"onstatátase a incapacidade da Consellería de Sanidade de ofrecer unha asistencia pediátrica de calidade, que afecta tamén a grande parte da comarca do Deza".

A situación da sanidade pública en Lalín leva anos acumulando eivas, sinalan os nacionalistas, "que afectan a veciños e veciñas e que non se resolveu en absoluto tras a inauguración do novo CIS. A falla de profesionais, inexistencia de especialidades prometidas e incluso graves erros das instalacións afecta ao bo funcionamento e á calidade sanitaria da que debera gozar a poboación lalinense, sen que as crianzas queden excluídas do desleixo".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O BNG lalinense ven denunciando "este abandono de xeito recorrente, tanto a nivel local coma de país, presentando mocións ao respecto no concello, co voto reiterado en contra do goberno local e no Parlamento Galego, onde a maneira de actuar dos Populares foi exactamente a mesma. Tras o debate na Comisión 5 de Sanidade hai uns meses, onde a deputada lalinense expuxo a votación a necesidade de reforzar o servizo de pediatría de Lalín, coa negativa goberno da Xunta de Galiza, o BNG ven de recibir resposta ás iniciativas presentadas insistentemente sobre este problema que sofren as familias lalinenses. O servizo de pediatría de tarde no CIS de Lalín non é unha prioridade para o PP, ao igual que non son capaces de garantir que o servizo de pediatría polas mañás se preste nunhas condicións adecuadas, como veñen denunciando os pais e nais dende hai meses. Dende a Consellería de Sanidade recoñecen coas súas respostas que non son capaces de cubrir as baixas e as prazas vacantes e que a busca de pediatras non tivo froitos tras seis meses, co que iso afecta ao bo desenvolvemento do servizo sanitario".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Que queiran convencernos de que a atención pediátrica está garantida cando non se cubren baixas nin vacantes e as crianzas de grande parte da comarca teñen que desprazarse pola tarde a Santiago para ser atendidas, en moitos casos percorrendo 70 quilómetros é unha falla de respecto para as familias” denuncia a deputada do BNG Ariadna Fernández, que lembra que “este desgaste da sanidade pública deixa no camiño

a moita xente, tamén ás crianzas, e non é máis que outra proba da incompetencia da Xunta de Galiza para xestionar o noso sistema sanitario” sentencia a deputada, que adianta que se continuará a requirir a través do Parlamento Galego que se preste atención de calidade ás crianzas de Lalín e o resto da comarca.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page