top of page

O BNG acusa ao goberno galego de eludir as súas responsabilidades en depedencia, como en Deza

Ecos da Comarca/Deza

A deputada nacionalista, a lalienses Ariadna Fernández, afea a actitude do goberno galego, presumindo dun bono coidado, que sobrecarga a familiares, máis do 80% mulleres, co coidado das persoas maiores por 400 euros mensuais de investimento, mentres precarizan o servizo do SAF e non crean prazas públicas de residencias e

centros de día na comarca.

ree

“O aumento das solicitudes do bono coidado no fogar ten dúas posibles lecturas, unha delas é que os familiares das persoas maiores e dependentes non teñen posibilidade de acceder aos demais recursos para a dependencia, cunha clara precarización do SAF e unha falla evidente de prazas de residencias públicas na comarca” aclara a deputada Ariadna Fernández, que lembra que se presentaron iniciativas neste sentido no parlamento, ás que o PP votou en contra reiteradamente.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Que presuman de duplicar ou triplicar estas axudas nos concellos do Deza- Tabeirós e Terra de Montes e despois se vote en contra da construción de centros de día ou residencias en Agolada, Lalín ou A Estrada, e non se cumpra co compromiso de aumentar a achega da Xunta de Galiza ao SAF é unha contradición do goberno galego, que responde a unha intención clara de eludir responsabilidades”. Recorda que os concellos da comarca teñen serias dificultades para ofertar o servizo do SAF por infrafinanciamento que, por exemplo, o concello de Rodeiro foi sancionado por non prestar as horas debidas cando non ten capacidade orzamentaria para facelo e que o BNG pide insistentemente centros de día para as localidades que non se levan a cabo ou que, no caso da valoración, hai persoas maiores que falecen agardando por que se lle resolva o grao de dependencia.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Segundo Fernández trátase dunha neglixencia do goberno galego que “pretende tapar as carencias do sistema de dependencia con 416 euros ao mes, no canto de investir no que se lle solicita ao respecto da dependencia, aportándolle ás familias menos dunha terceira parte do que custa o coidado dunha persoa dependente nunha praza pública”.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page