top of page

O auditorio de Agolada acollerá unha charla informativa o día 27 sobre as plantas de biometano

Ecos da Comarca/Agolada

O Auditorio Municipal Manuel Costa Casares albergará o 27 de decembro unha reunión informativa sobre as plantas de biogás. Está organizada pola plataforma veciñal Stop? Biometano Agolada, debido a que pretenden instalar unha nunha zona que sobre todo afectaría as parroquias de Eidián, Artoño, Berredo e Borraxeiros.

Veciñanza de Agolada o pasado sábado mostrado o seu rexeitamento no lugar onde a queren poñer. Autor: Ecos da Comarca
Veciñanza de Agolada o pasado sábado mostrado o seu rexeitamento no lugar onde a queren poñer. Autor: Ecos da Comarca

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O acto informativo arrancarás ás 17 horas e estará presentado pola xornalista de ECOS DA COMARCA, Laura Moure. Contará con diversas intervencións de profesionais deste ámbito e de perxudicados. Así está previsto que asistán e informen Xoán Castro, enxeñeiro agrónomo e investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo; Daniel L. Vispo, licenciado en Químicas e profesor xubilado de Física y Química; Nery Díaz, presidenta de Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde e Xosé Mariño, intengrante do colectivo Berce do Ulla, asociación que se formou cando neste mesmo ano, tamén propuxeron instalar unha planta de biogás en Antas de Ulla, algo que finalmente, paralizaron.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Así mesmo, falará dende a voz da experiencia, Ariadna Sanjuán, veciña de Campedró afectada pola planta de biometano de La Galera, situada na provincia de Tarragona.

ree


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page