top of page

O Atletismo Deza logra un cuarto posto no Campionato Galego de Combinadas por equipo

Un bo número de atletas tamén participou no Trofeo Luis Torrado, de Pontevedra


Ecos da Comarca/Deza

ree

O Atletismo Deza tivo unha fin de semana de Nadal na que colleitou moi bos resultados.

Primeiro, o sábado pola mañá un bo número de deportistas desprazáronse ata Pontevedra

para participar no Trofeo Luis Torrado. Nesta proba, a maioría acadaron unha marca persoal que lles podería levar a entrar no Campionato Galego. Dende o Club destacan o bo ambiente da proba, así coma os resultados obtidos polos atletas dezaos.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así mesmo, durante toda a fin de semana estívose celebrando o Campionato Galego de

Combinadas en Ourense. Nesta competición participaron tres deportistas do Club, de 17, 15 e 14 anos, que fixeron equipo e competiron no nivel absoluto. Ata a final, pelexaron por entrar no podio, pero quedaron nunha moi boa cuarta posición, por detrás dos grandes Celta de Vigo, Xuncas de Lugo ou Ximnástica de Pontevedra. “Un gran equipo de aldea que chegou á elite de equipos”.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Por último, o Atletismo Deza celebra as dúas últimas probas con este escudo para Dani Conde. Quen fixo os 200 m en 22,15” e os 60 m en 7,09”. “Lamentamos que se vaia do Deza, pero felicitámolo por fichar polo Narón, co que seguro colleitará grandes resultados xa que é un atleta de moi alto nivel”, destacan dende o Club.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page