top of page

O atleta lalinense Beltrán Rivas participará no Campionato de España individual na categoría Sub 14

Ecos da Comarca/Deza

O Club Escola Atletismo Deza mostra a súa ledicia porque, por segunda vez na historia do club, un atleta participará no Campionato de España individual, en concreto, na categoría Sub14. Nesta ocasión trátase do deportista lalinense Beltrán Rivas, que xa leva varios anos "dándonos alegrías en diferentes probas".

É a primeira vez que se fai un campionato para categorías menores e para poder clasificarse os deportistas tiveron que realizar tres probas combinadas. A suma da puntuación obtida permitía acceder ao campionato. De todo o país, só se clasificaban 36 atletas, e Beltrán Rivas entrou no posto 34.


A próxima fin de semana, os días 28 e 29, participará en Torrevieja (Alicante) nesta competición, na que realizará as probas de salto de altura, 80 metros vallas e salto de

lonxitude.

"Desde o Club Escola Atletismo Deza mostramos a nosa admiración polo gran traballo feito polo propio atleta, pero tamén polo elenco de adestradores, en concreto Pepe Domínguez, que é o responsable de saltos. Este logro é unha mostra que desde a escola se está a facer un bo traballo cos atletas e co obxectivo de levar o atletismo lalinense ao máis alto. Para nós é unha gran alegría volver a competir a nivel nacional, xa que só se fixo unha vez e foi co noso actual presidente Iago Pazos".

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page