top of page

O artista de Monterroso Sergio Alba trae a Agolada o seu monólogo "Dous rombos... Pasa para a cama"

Será o 27 de xuño

Ecos da Comarca/Agolada

O artista de Monterroso Sergio Alba, chega a Agolada co espectáculo de humor "Dous rombos... Pasa para a cama", un show no que o pasado, estará moi presente. "É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor", recalca Alba.

Deste xeito, nace este espectáculo, "coa única pretensión de asomarnos cun sorriso a aquela época na que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor. Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade", resalta. Para asistir a este show retro-activo, "soamente precisades gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O pase único, como aperitivo ás Festas Patronais de Agolada, que se celebran os días 29 e 30 deste mes na honra a San Pedro e San Pablo, será o venres 27 de xuño a partir das 20:15 horas no Auditorio Municipal Manuel Costa Casares.


O acceso ao recinto será con entrada e o aforo é limitado. Con este espectáculo, colabora o Concello de Agolada.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page