O alcalde de Vila de Cruces reorganiza as competencias municipais tras a marcha de López
- ecosdacomarca

- hace 6 minutos
- 2 Min. de lectura
Luis Taboada asinou este luns un decreto polo que o releva das súas atribucións e retíralle a dedicación exclusiva
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O goberno municipal de Vila de Cruces, que preside Luís Taboada, reorganizou este luns as áreas do seu equipo, logo da “baixa voluntaria no grupo municipal ‘Xuntos polo noso
Concello’ por motivos persoais e de criterio político” presentada electronicamente polo
edil Julio López Carballal. As súas competencias pasan a Noemi Lois Blanco, é dicir,
Cultura, Turismo, Comercio e Desenvolvemento Sociocultural; mentres que feiras e festas
asúmeas Juan Carlos Rodríguez Martínez.

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Por outra parte, a mediodía o rexedor cruceño asinou un decreto polo que releva a López Carballal de todas as súas atribucións no goberno municipal e retíralle a dedicación exclusiva que tiña no Concello. “Desde o goberno queremos manifestar o noso agradecemento polo traballo desenvolvido durante este tempo compartido, así como desexarlle todo o mellor na súa nova etapa na corporación municipal”, afirma Taboada. “A veciñanza poder ter a certeza de que o goberno de Xuntos segue funcionando con normalidade, logo de redistribuír as áreas de actuación, toda vez que sempre traballamos de forma coordinada e reforzando o labor competencial de cada concelleiro-delegado”, engade o mandatario.
Publicidade
O goberno tamén explica que López Carballal estivo de baixa médica desde finais de novembro ata finais de xaneiro, polo que os seus compañeiros xa se viron obrigados a
responsabilizarse de todos os seus asuntos municipais. “Estamos afeitos a traballar arreo cunha visión conxunta e panorámica que redunda nunha xestión cercana e eficiente. A nosa misión continúa sendo atender as necesidades das persoas, mellorar os servizos municipais e avanzar nos proxectos en marcha. Todos estamos comprometidos con esta misión e responsabilidade cruceñas”, conclúe Taboada.
Publicidade
Julio López sinalou este domingo que deixaba o partido por discrepancias. A noticia no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-edil-cruce%C3%B1o-julio-l%C3%B3pez-abandona-xuntos-polo-noso-concello








Comentarios