top of page

O alcalde de Palas reclama ao Ministerio a mellora dos viais de acceso á rotonda de Remonde da A- 54

4 oct
2 min de lectura

Dende o Concello esixen que se deben acondicionar antes da posible apertura nos vindeiros días


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei solicita unha reunión urxente coa Subdelegación do Goberno en Lugo e con Demarcacións de Carreteras do Estado en Galicia ante a posible apertura da Rotonda de Remonde que dá acceso a Autovía A-54 Lugo-Santiago, así como ó polígono de Melide e a zona sur de Palas de Rei.

Un dos viais de acceso a esta rotonda no municipio de Palas de Rei.
Un dos viais de acceso a esta rotonda no municipio de Palas de Rei.

O rexedor, Pablo Taboada, intentou contactar con ambos organismos o venres pero "foi imposible" tal e como sinala e considera que estes viais de acceso a esta rotonda están moi deteriorados como consecuencia das obras na autovía e que tras máis dun ano reclamando a súa mellora "continuamos sen executar as tan necesarias obras". Moitos destes viais, apunta, "xa nin sequera son titularidade do Concello, xa que foron, nuns casos expropiados polo Ministerio ou ocupados para a execución das obras e todos se atopan nun estado que impiden axeitado acceso á Rotonda da A-54" recalca o mandatario, quen reclama o acondicionamento e mellora urxente destes viais para poder facer un uso axeitado e seguro polos mesmos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así mesmo, amosa unha profunda preocupación pola afección que poida ter o Camiño Francés coa posible apertura da rotonda. Por todo isto non descarta acudir á Xustiza ordinaria ó fin de evitar ós graves prexuízos que se lles pode ocasionar ós/ás veciños/as do Vilar, Remonde, Vacariza, O Coto, Campanilla, etc. "ante o incremento inviable do tráfico que pode supor a súa apertura sen uns accesos mínimos adecuados".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O alcalde palense considera "inaceptable a aptitude do Goberno de España cando pretende abrir un acceso sen reunir as condicións mínimas de seguridade para os/as veciños/as nin para os peregrinos que percorren polo Camiño Francés".

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page