O alcalde de Dozón sinala que a conversión da praza de auxiliar en técnico conta con informes a favor
- ecosdacomarca

- hace 14 minutos
- 1 Min. de lectura
Salienta que o obxectivo deste cambio no cadro de persoal é “adaptalo ás necesidades reais do concello para axilizar a tramitación de expedientes máis complexos”
Ecos da Comarca/Dozón
O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, saíu onte ao paso das manifestacións realizadas desde o sindicato CSIF respecto á transformación dunha praza do subgrupo C2 de auxilizar administrativo que está vacante nunha praza do subgrupo A1 de técnico de administración xeral resaltando que este proceso conta cos informes favorables de Secretaría e Intervención e co visto bo doutros sindicatos.

O mandatario considera “desafortunadas e improcedentes” as afirmacións do CSIF e lembra que o único obxectivo da conversión da devandita praza é “adaptar o cadro de persoal ás necesidades reais do concello para axilizar a tramitación de expedientes máis complexos”.
Publicidade
O rexedor subliña que a praza de técnico de administración xeral cubrirase a través dun proceso de oposición libre que “nin sequera está convocado e ao que se poderá presentar todas as persoas que cumpran os requisitos”.
A noticia do CSIF no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/csif-denuncia-retrasos-no-pago-de-n%C3%B3minas-no-concello-de-doz%C3%B3n







Comentarios