top of page

O alcalde de Cruces, Luís Taboada, reclama á Xunta actuacións nos tramos máis danados da PO-204

É a vía de titularidade autonómica que conecta o municipio cruceño coa localidade da Bandeira, no municipio de Silleda


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, solicita á Xunta de Galicia a revisión e mellora de diversos tramos da estrada PO-204, vía de titularidade autonómica que conecta o municipio cruceño coa localidade da Bandeira, no concello de Silleda.

O rexedor, Luís Taboada, e o concelleiro de Vías e Obras, Juan Carlos Rodríguez, visitaron recentemente o trazado da PO-204. Nun tramo situado na parroquia de Sabrexo, varios veciños e veciñas da zona trasladáronlle o seu malestar polo estado no que se atopa o firme.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Segundo sinala o alcalde, non se trata dunha actuación integral en toda a estrada, senón dunha intervención puntual nos treitos que presentan un maior nivel de desgaste. “Mentres algúns tramos se atopan en boas condicións, outros presentan a capa de rodadura moi deteriorada, o que afecta á seguridade viaria”, indicou Luís Taboada, quen engadiu que unha actuación deste tipo non suporía un custo económico elevado.


Cómpre lembrar que o pleno da corporación municipal xa acordara no mes de novembro de 2024 solicitar a renovación da capa de rodadura desta estrada autonómica.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O alcalde, Luís Taboada, tamén advertiu de que o deterioro aumentou considerablemente nos últimos meses debido ás choivas, aos temporais e ao propio volume de tráfico que soporta esta vía. O rexedor, Luís Taboada, agarda que a Xunta de Galicia actúe canto antes e leve a cabo as melloras necesarias nos treitos máis afectados da PO-204.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page