O alcalde de Agolada viaxa para traer refuxiados da guerra de Ucrania ao municipio
- ecosdacomarca

- 7 mar 2022
- 2 min de lectura
Regresa a casa con 14 persoas, a metade nenos
Ecos da Comarca/Agolada
O pasado martes o alcalde de Agolada, Luis Calvo, levantou a polémica tras a publicación dun comunicado que conseguiu a atención de distintos medios e opinións das máis diversas, e non todas boas.
No escrito, dirixido ao embaixador de Ucrania en territorio español, ofreceuse para combater contra o exército ruso xunto ao tenente de alcalde, Óscar Val. “Estamos a súa enteira disposición para combater contra as forzas opresoras rusas en canto vostedes o consideren oportuno”, dicía exactamente o comunicado. Isto provocou un gran revuelo e foron moitos os que o tacharon de populista usando algo tan grave como é unha guerra.
Pero ademais, antes destas palabras, o mandatario agoladés manifestaba que dende Alcaldía se mostraba toda a disposición de colaboración para "acoller compatriotas e toda axuda humanitaria que precisaran e que estivera nas súas mans". E isto parece que foi dito e feito.
Despois de varios rumores de que o rexedor agoladés decidira el mesmo viaxar a buscar a refuxiados, esta tarde acaba de publicar este vídeo.
"Despois dunha larga viaxe regresamos a casa. Destrución total dentro de Ucrania... Esta é a fronteira con Polonia", comunica Luis Calvo, alcalde de Agolada.
Como acaba de confirmar o mandatario a este medio, viaxaron el e o seu irmao Suso no coche do rexedor e nunha furgoneta que alugaron. Traen a 14 persoas, a metade nenos de entre 3 a 15 anos e o resto mulleres. De feito, un destes rapaces precisa asistencia médica porque recentemente someteuse a unha operación. Calvo sinala que foron moitas as persoas que contactaron con el para axudar a esta xente. Agora toca unha longa viaxe para poñer a salvo a estas persoas que escapan do terror dunha guerra.
NOTICIA RELACIONADA:






Comentarios