Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, pide a dimisión da conselleira de Infraestrutas e Mobilidade, Ethel Vázquez. O motivo? No comunicado que enviou onte o Concello cruceño:
Comunicado íntegro:
"Hoxe venres, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, visitou a parroquia de Loño, para falar da barcaza, sen aviso previo/previo aviso ao alcalde do municipio, Luís Taboada. Segundo afirmou a conselleira, tratábase dunha visita particular para falar cos veciños afectados polo encoro, pero aproveitou para chamar ao candidato do Partido Popular (PP) Jesús Otero que foi acompañado por parte da súa lista, para tentar gañar votos destas parroquias, cando en 30 anos de goberno de Otero nin sequera púxolle a iluminación que tubo que poñela Luís Taboada diante a inseguridade de ter que iluminar cos seus propios vehículos o acceso a barcaza de noite.
Esta actitude inapropiada e pouco ética xerou gran malestar entre os habitantes de Loño e o propio alcalde do municipio que se decatou da visita da conselleira a través de filtracións dos candidatos da lista do PP, xa que pretendían que non fose o actual alcalde nin ninguén membro do seu equipo.
Luís Taboada, que se mostrou incrédulo diante o ocorrido, lembrou que hai uns meses reuniuse no despacho da conselleira para tratar a problemática da barcaza e quedou de darlle unha solución ao problema, o cal nunca ocorreu.
É por iso que o alcalde Taboada pide a dimisión de Ethel Vázquez por utilizar o seu rango de conselleira para facer campaña política en favor do candidato do PP e por desprezar á figura do actual alcalde do municipio. Esta actitude da conselleira demostra unha falta de respecto á democracia e á autonomía local, así como unha clara intención de utilizar o seu cargo en beneficio propio e do seu partido político.
Desde o Concello o equipo de goberno de Xuntos Polo Noso Concello, repudian enerxicamente a actitude da conselleira Ethel Vázquez e piden a súa dimisión inmediata. Non poden permitir que se utilice o poder institucional para facer campaña política e menos aínda para desprezar a figura do actual alcalde. Ethel Vázquez, como conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, ten a responsabilidade de traballar polo benestar dos cidadáns e cidadás de Galicia e non de utilizar o seu cargo para intereses partidistas.
Esperamos que este episodio sirva para lembrar a necesidade de actuar con ética e respecto cara ás institucións e cara á cidadanía.
Comments