top of page

O actual alcalde Adolfo Campos presenta a súa candidatura para presidir o Partido Popular de Dozón

5 sept 2022
1 min de lectura

O Congreso Local celebrarase o vindeiro venres, día 9 de setembro, ás 17:00 horas no Restaurante Elena, na Gouxa


Ecos da Comarca/Dozón

O alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, presenta a súa candidatura para presidir o Partido Popular neste concello, cuxo congreso terá lugar o venres 9 de setembro, a partires das 17:00 horas, no Restaurante Elena da Gouxa.

Adolfo Campos dá así un paso adiante para dirixir a agrupación local coa finalidade de “seguir sumando experiencia e xuventude para fortalecer a estrutura do partido” e co obxectivo final de “revalidar o ano próximo a maioría absoluta do PP en Dozón”. Nesta liña, indica que o PP ten “un proxecto claro para seguir modernizando Dozón” e que traballarán arreo para “seguir gobernando cun partido forte, cohesionado e gañador”.


Para iso, sinala, o primeiro é ter un partido estruturado e organizado: “estamos a nove meses das eleccións municipais e queremos intensificar o que mellor sabemos facer, que é escoitar á veciñanza e seguir xestionando o concello dunha forma eficiente para darlle as respostas que precisan. Estamos a demostrar no día a día que o noso partido está aí para axudar, para ofrecerlles solucións aos seus problemas e para traballar por e para eles”, salienta.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Por último, o popular adianta que xa leva tempo traballando e en contacto con persoas de diferentes zonas do municipio para ultimar o equipo co que se presentará ao congreso local.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page