top of page

O actor Xulio Abonjo será o pregoeiro da 49º Festa da Empanada da Bandeira que se celebra o 23 de agosto

A cita gastronómica, que volta ao seu formato tradicional ca cea de peñas, estará precedida polo Bandeirock, e o Esmorga Folk


Laura Moure/Silleda

As Festas de Verán da Bandeira, coa empanada, como protagonista, voltan á vila silledense do 20 ao 24 de agosto próximos. A presentación da festa gastronómica, que estrea declaración de Interese Turístico Nacional e que dende hai case 5 décadas xunta preto de 10.000 persoas en torno a un dos pratos máis afamados da cociña galega, na carballeira da localidade, tivo lugar onte na praza Juan Salgueiro da vila. No acto, déronse a coñecer os carteis dos distintos eventos por parte da Asociación Amigos da Empanada, que preside Manuel Cuíña, e que estivo arroupada por membros da Corporación, encabezada pola alcaldesa,ç Paula Fernández, e representantes da Deputación e da Xunta de Galicia, entre outras entidades colaboradoras e patrocinadoras das festas.


A cita gastronómica recupera o formato tradicional, concentrando o tradicional concurso e a poxa das pezas gañadoras en horario de tarde.


Mércores 20

Os festexos arrancarán xa o mércores día 20 coa celebración do VII Entroido de Verán coa temática de Superheroes e Superheroínas, con premios para os mellores disfraces e animación musical. A partir das 19:00 horas terá lugar una ximcana infantil e xa ás 23:00 horas, festa amenizada por Dj MdeMasu e DjCID. Será na rúa Camilo José Cela, organizado en colaboración coa Asociación de Xenerais e Xeneralas da Bandeira.


Xoves 21

Xa o xoves dia 21, arranca a programación ás 18:00 horas coa celebración da XIII Ruta da Empanadilla polos locais hosteleiros da vila, amenizado polos grupo Sin Son e a Charanga Os Kokakolas, e as 19:30 horas celebrarase un obradoiro infantil de elaboración de empanadillas no Restaurante Terra Mollada, onde as nenas e os nenos interesado/as en asistir, deberán inscribirse ata o martes 19 no teléfono 627 923 469.


Para rematar a xornada o rock será protagonista cunha nova edición do XXVI Bandeirock, comezando ás 21:30 horas, na que actuarán o grupo local Marela, o artista silledense Rodrigo Ramos e banda, Leria, Calle del Ruido e Cuarta Xusta.


Venres 22

Na xornada do venres día 22, na que se procederá xa ao corte da estrada nacional N-525 (o tráfico estará desviado ata a madrugada do luns), o programa arranca con diversas actividades pola tarde. A partir das 17:00 horas celebraranse xogos tradicionais infantis a cargo de Sororas e ás 19:00 horas o XIII Campionato de Tiro á Corda.


O broche de ouro á xornada do venres chega co XXXV Esmorga Folk, ás 21:30 horas, un dos festivais máis senlleiros do panorama galego da música tradicional, que este ano cumpre o seu 35º aniversario. Na cita estarán presentes Estraloqueiras, Carapaus, Tiruleque, De Ninghures e Catuxa Salom.


Sábado 23: Xornada estrela: concurso e pregón

O sábado chega a cita estrela do programa, coa celebración da 49º Festa da Empanada, declarada de Interese Turístico Galego no ano 1999 e que estreará o sábado 23 a declaración de Interese Turístico Nacional.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Pola mañá a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira, dará un pasarrúas ás 11:30 horas previo á celebración dos oficios relixiosos, e procesión. Ao remate dos mesmos celebrarase unha sesión vermut amenizada pola Charanga Noroeste.


A partir das 16:00 horas arranca a cita coa gran protagonista da gastronomía silledense. O presidente da Asociación Amigos da Empanada da Bandeira, Manuel Cuíña, explicou durante a presentación que as empanadas que se presenten a concurso recolleranse de 16:00 a 18:00 horas, na propia Carballeira da festa.


Cuiña avanzou que o pregoeiro desta edición será o actor Xulio Abonjo, coñecido por participar en numerosas series como Fariña, Pazo de Familia ou Cuestión de Sexo, que tomará o día 23 o relevo de Fernando Romay para pregoar as bondades da empanada da Bandeira.

Xulio Abonjo. Fonte foto: @ladiapo @esteban_ladiapo @alteregotalenthouse (Instagram Abonjo)
Xulio Abonjo. Fonte foto: @ladiapo @esteban_ladiapo @alteregotalenthouse (Instagram Abonjo)

Na cea das peñas, para as que xa está aberta a reserva de mesas, agárdase de novo acadar as 10.000 persoas.


Na cita non faltará animación musical, a actuación do grupo local Xirandola (que xa actuou tamén na presentación de hoxe) nin o tradicional concurso de empanadas.


En canto ao concurso, un xurado valorará o sabor, presentación e orixinalidade das empanadas que se presenten ao concurso, concedendo como sempre premios en dúas categorías: amateurs e profesionais. Coas empanadas premiadas, celebrarase a tradicional subasta, a cargo de Pepe Ayude, coa que se esperan alcanzar altas cifras de venta que axudan sempre á organización da festa


A partir das 22:00 horas celebrase a cena das peñas, amenizada por Varacuncas e Os Atrevidos, na Carballeira. A verbena da multitudinaria xornada do sábado, que voltá á estrada N-525 e estará amenizada pola Orquestra New York e o Grupo América SL.


Reservas ata o día 18

Cuíña tamén lembrou que o prazo de reserva de espazo para a cea das peñas do sábado está aberto e que rematará o vindeiro día 19. Os socios e as persoas que estén interesadas en reservar sitio deben achegarse polas tardes ao centro cultural Vista Alegre en horario de 18:00 a 21:30 horas para formalizar as reservas, ou facelo a través do watsapp 621 087 117 realizando o abono do prezo correspondente no número de conta da

Asociación. “É moi importante para nós, por cuestións de operatividade, que se cumpra o prazo e que a xente non espere ata o último día”, dixo lembrando o traballo que supón a montaxe das mesas.


Domingo 24: Petanca e verbena o domingo

O domingo, A Banda de Música Municipal de Silleda fará un pasarruas a partir das 11:30, previo a misa cantada polo Coro vales Mahía que celebrarase ás 12:00 horas, trala qeu poderase disfrutar dun concerto da devandita banda, ás 13:00 horas.


Tamén pola tarde haberá o espectáculo infantil con Pulpiño Viascón, ás 18:30 na rúa Xeral, e as 20:00 concertos das bandas de Bandeira e Silleda nas que disfrutaremos dunha sesión de bailables


Cuiña agradeceu en nome da organización o apoio dos veciños e veciñas da Bandeira, así como das institucións e das empresas e comercios que están a colaborar coa festa, persoas socias e do Concello. Tamén apuntou que a veciñanza pode facer as aportacións económicas na conta que a comisión ten na entidade Abanca.


Cuiña destacou tamén a colaboración de colectivos da localidade que participaron na organización dos eventos “faise pobo cando todos e todas traballamos para o fin que nos ocupa, celebrar a mellor festa da contorna”


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta colaboración quedou perfectamente reflectiva no cartaz que tamén se presentou e que foi elaborado polo fotógrafo e veciño da bandeira Alberto Pereiras (ALPEREIRAS), en colaboración con Marcos Cardoso e EMSE, que recollen nunha estudiada composición fotográfica que vai referenciando o trascorrer da festa e a implicación da veciñanza na

mesma.


Na presentación interviron, ademais de Manolo Cuiña, o Deputado Provincial Jorge Cubela, a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández e o pregoeiro Xulio Abonjo. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, pechou as intervencións reiterando o apoio do Concello “á festa de Silleda con máis proxección” e que é xa unha seña de identidade do municipio.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page