top of page

O 78,1 % da plantilla da firma silledense Culinaria son mulleres

A Dirección considera que son "a enerxía imprescindible no éxito da empresa"


Laura Moure/Silleda

Na actualidade máis de tres cuartas partes do persoal da empresa sillendese Culinaria é muller, segundo os últimos datos obtidos en febreiro do 2023 polo departamento de Recursos Humanos da empresa. Segundo os directivos de Culinaria, “constitúen a enerxía imprescindible no éxito da empresa” con máis de 25 anos de experiencia no sector, e consideran que é importante recoñecer o papel da muller traballadora e o lugar que ocupa na empresa e na sociedade.


Das 153 mulleres traballadoras de Culinaria, 43 son persoal operativo especializado. Tamén son maioría as técnicas superiores e medias. Dentro do persoal administrativo as mulleres representan tres veces máis a presenza masculina. A equidade de xénero e a igualdade no trato forman parte dos obxectivos da empresa, que garante as mesmas condicións e oportunidades para homes e mulleres.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

A empresa Culinaria é referente na restauración colectiva e social en Galicia. Conta con case 200 profesionais que elaboran sobre 15.000 pratos diarios que se distribúen por toda a comunidade. Dispón dunha planta de produción propia de case 2.500 metros cadrados situada na comarca do Deza, no corazón de Galicia.





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page