O 31 de marzo suspéndense as poxas de recría na Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda
- ecosdacomarca

- 25 mar
- 1 Min. de lectura
Si haberá poxas de pasteiros, becerros carniceiros e vacún maior
Ecos da Comarca/Silleda

Tal e como se vén facendo nos últimos anos na Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda, de forma consensuada cos principais operadores de becerros de recría deste mercado, suspéndese diversas poxas desta categoría ao longo do ano. Lembramos que o motivo une, por unha banda, a celebración ou proximidade de festividades que de por si xa reducían a asistencia ao mercado nesas datas, e por outra, a necesidade destes operadores de regularizar os días de compra de gando para mellorar a súa operatividade e conciliación. Seguindo este acordo o vindeiro martes, 31 de marzo, suspéndense as poxas de recría. Si haberá poxas de pasteiros, becerros carniceiros e vacún maior.
Publicidade
COTIZACIÓNS MARTES 24 MARZO 2026







Comentarios